LUNS 12 DE FEBREIRO DE 2024
- Logo do debate dos orzamentos municipais no que o goberno local rexeitou, tanto a alegación que presentamos para a construción da nova Protectora como as que rexistraron a directiva da entidade así como a dunha particular para mellorar estas dependencias, o Grupo Popular segue perseverando ”no noso compromiso para dar solucións á situación insostible das actuais instalacións”.
- Na reunión de traballo desta mañá coa Protectora acordouse presentar unha proposición ao pleno deste mes de febreiro para que, de forma urxente, se interveña nesta dotación, que se atopa nun estado moi lamentable, coincidindo coa directiva da Protectora en que ”é idoneo e urxente actuar” indicando que implicarán no seu financiamento á Deputación, Concello e Xunta de Galicia.
- Os populares tamén apoian á demanda da Protectora para que se lles devolvan os 8.787,69 € que aboaron en concepto de taxa de licenza dunhas obras que nunca se chegaron a efectuar.