Economía

O PP presentará unha proposta para incentivar e facilitar o acceso a bonificacións para instalacións de enerxías renovables  

By 18 Febreiro, 2022Sin comentarios

Ramón Carballo: “se tivesen en conta antes as nosas propostas evitarían os sobrecustes de vaos e dos recibos de auga cos que atracaron aos veciños e veciñas de Lugo nos últimos meses”

PROPOSTA PARA MELLORAR A ORDENANZA QUE  BONIFICA O 50% DO IBI, DURANTE CATRO ANOS,  PARA A INSTALACIÓN DE ENERXÍAS ALTERNATIVAS EN VIVENDAS
O PP reclama que esta ordenanza se adapten á realidade xa que tal e como se redacta é moi complicado que unha comunidade de propietarios ou particular poidan reunir os requisitos para acceder á bonificación. De feito a preguntas do Grupo Popular se descubriu que durante o ano 2021 só houbo unha solicitude para acceder a esta bonificación.  Exemplo: Para recibir esta rebaixa do 50% do Imposto de Bens Inmobles habería que poñer 5KW por cada 100 m2 de vivenda. Esta potencia xeraría un exceso de enerxía, por tanto se estamos falando de axudas para o autoconsumo de enerxías limpas non ten sentido que haxa esta esixencia xa que un particular non ten porque converterse en productor. Os kilowatios esixidos en fotovoltaica e os m2 de placas para enerxía térmica están sobredimensionados.

 

TAXA OCUPACIÓN DE VÍA PÚBLICA NO SUBSOLO A MULTINACIONAIS

Ao PP  resúltalle chamativo que a alcaldesa anuncie que se acaba a amnistía política coas multinacionais pola ocupación de vía pública no subsolo cando podían telo feito dende hai anos.


DEVOLUCIÓN DO SOBRECUSTE VAOS COMERCIAIS

Os populares que non conseguiron que PSOE e BNG aceptasen a súa petición para devolver aos propietarios de vaos comerciais o cobrado  de máis ao aplicarlles a tarifa de 2021. O PSOE di que “sería prevaricar” e o voceiro do Grupo Popular respondeu que “logo entón como fixeron para devolver a parte proporcional que cobraron aos lucenses cando houbo a folga de lixo”. Carballo tamén amosou a súa satisfacción porque “polo menos conseguimos que o bigoberno recapacitase e recuperase a tarifa das pasaxes comerciais”. Hai que lembrar que o PP votou en contra da modificación da ordenanza fiscal que plantexou, no seu momento, eliminar as pasaxes comerciais. O voceiro popular manifestou que “non entende porque non devolve o sobrecuste deste ano cando segundo os seus datos só afectou a 50 persoas”.

 

RECIBOS AUGA

Por outra parte os populares agradecen que o PSOE e o BNG tamén accedesen a cambiar a fórmula de cálculo dos recibos de auga. O  que se modifica é que “se non se fai a lectura do contador en tres trimestres se fará a media do consumido; o problema está en senón hai lectura nun período superior xa que cando se realice tomarase como base o consumo real, onde probablemente saltará aos tramos máis caros do m3. O normal é que se houbese establecido dentro do procedemento do cálculo distribuír o consumo entre os trimestres sen lectura para a aplicarlles o m3 real.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies