DeportesEducaciónInfraestruturas

O PP propón abrir as instalacións deportivas dos colexios fóra do horario escolar ás tardes e fins de semana

By 19 Xullo, 2023Sin comentarios

A iniciativa que presentaron esta mañá os responsables de deportes e educación, Enrique Rozas e Javier Vázquez, busca ofertar máis espazos para o desenvolvemento de actividades deportivas tanto para os clubes como para a veciñanza a título individual

O responsable de educación Javier Vázquez explicou que o uso compartido implica que “as partes se comprometen a sufragar de maneira proporcional os gastos derivados do aumento da intensidade do uso das instalacións” matizando “o efecto dinamizador desta colaboración institucional en barrios onde non hai infraestructuras deportivas”

O vicevoceiro popular Enrique Rozas e responsable de deportes explicou que “tendo en conta o número de clubes que hai en Lugo, e sendo conscientes de que, na actualidade, hai problemas para buscar espazos para os entrenos e as competicións cremos que se o Concello de Lugo se suma ao convenio marco da FEGAMP sobre uso de instalacións deportivas nos centros educativos se ampliaría a oferta aliviando a presión de solicitudes nas instalacións actuáis que son insuficientes para a demanda que existe”

A idea da iniciativa que o PP presentará no pleno do 27 de xullo é ofertar un catálogo de instalacións de centros educativos fóra do horario escolar e, a maiores, se invita ao goberno local a manter xuntanzas coa veciñanza e AMPAS para impulsar iniciativas encamiñadas a promocionar o deporte entre a mocidade”

 

PISTAS SAGRADO CORAZÓN

A rolda de prensa para presentar esta iniciativa tivo lugar ao carón da pista polideportiva cuberta do antigo colexio do Sagrado Corazón, un espazo que quedou en desuso hai dous anos.

O PP reclamou en reiteradas ocasións que se fixeran as negociacións oportunas coa entidade bancaria propietaria para que se abrise á veciñanza do barrio pero o goberno local fixo oídos xordos.

Os populares afirman que “ordenando os espacios públicos para a práctica deportiva municipal” e abríndose a este convenio “para utilizar fóra do horario escolar infraestructuras deportivas dos centros educativos se evitarían moitas das entradas a escondidas de rapazada que busca lugares para facer deporte”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies