EconomíaTransparencia

O PP propón activar un programa de pago “fácil” para fraccionar o IBI, IAE, Taxas de lixo e Imposto de Vehículos

By 25 Abril, 2021Sin comentarios

O voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo explicou que “os contribuíntes, que se acollan  a esta fórmula  de forma voluntaria, poderán agrupar os catro  recibos e fraccionar o pagamento en 10 cuotas mensuais sen un custe adicional”

O voceiro popular suxeriu “a posta en marcha dun programa de pago en dez meses dos impostos do IBI, IAE, Taxas de lixo e Imposto de Tracción Mecánica de Vehículos”. Este plan de pago fácil permitirá, aos contribuíntes que desexen acollerse a esta fórmula de forma voluntaria, e sen ningún tipo de interese ou recargo, aboar mensualmente unha cuota fixa”. Carballo matizou que “o feito de agrupar estes catro recibos nun só, permitindo fraccionar o importe total, contribuirá a mellorar a planificación da economía doméstica”. O abono da suma dos impostos que cobra o Concello se podería realizar en 10 mensualidades que se cargarían nos primeiros días hábiles  dos meses de febreiro a novembro.

Con esta proposta “buscamos que sexa máis cómodo e doado o pago dos impostos e por outro, buscamos  adaptar as Ordenanzas ao contexto actual da crise económica provocada pola pandemia”. “Esta é  unha das propostas nas que traballa o Grupo Municipal para mellorar as Ordenanzas Fiscais do vindeiro 2022” manifestaba o voceiro popular.

Os populares esperan que o bipartito non faga oidos xordos a esta proposta “somos conscientes de que estas axudas non serán a solución ao problema económico pero si servirán de axuda para aliviar a difícil situación do tecido comercial e industrial do municipio”. Carballo facía esta reflexión logo de lembrar que socialistas e nacionalistas rexeitaron a petición do seu Grupo de non cobrar o lixo e a auga a autónomos e pemes afectados polo Covid 19.  O popular lamentou que o bipartito rexeitase “modificar as ordenanzas necesarias para dar cobertura normativa a exencións e descontos no pago das taxas de lixo e auga a negocios ou pequenas empresas pechadas ao público como consecuencia do Estado de alarma polo covid 19”

O popular explicou que “estas acehgas que facemos son perfectamente realizables só hai que ter vontade política para levalas a cabo”. Carballo animaba a Paula Alvarellos a ir tomando nota das peticións que lle presentamos de cara a modificación das ordenanzas fiscais para o 2022 xa que “son útiles e positivas para os veciños e veciñas de Lugo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies