- Enrique Rozas indicou que “levamos esta iniciativa a pleno porque o goberno socialista e nacionalista leva 5 anos dando largas para facer o trámite de adhesión a este protocolo do Ministerio do Interior” subliñando que “Lugo é a única grande cidade de Galicia que non se sumou ao VIOGÉN”
- O concelleiro do PP desmontou, unha por unha, as últimas declaracións de Ana Abelleira nas que intenta xustificar “a falta de vontade do goberno en participar neste programa” manifestando que “se acabou o tempo das escusas e que só falen deste tema en campaña electoral ou cando se celebra algunha data significativa como a que se celebrará esta semana día da muller traballadora”.
MÁIS PERSOAL
- Enrique Rozas tamén manifestou que o seu grupo político é consciente de que Lugo necesita contar con máis axentes e cubrir todos os postos que aparecen na RPT municipal ata alcanzar o número de efectivos que recomenda a Unión Europea (de 1,8 axentes de policía local cada 1.000 habitantes, o que se traduce en que Lugo debería de ter entre 175 e 180 axentes de Policía Local) pero este factor era xa coñecido hai anos. Gobernar é decidir e para o PP é prioritaria esta unidade de violencia de xénero.
5 ANOS DE ESPERA E SEN PRAZOS
- Hai 2 acordos de pleno, de outubro de 2019 e outubro de 2020, nos que a instancias do PP a corporación de forma unánime apoiou unirse a este Sistema no que xa están dende hai anos o resto das grandes cidades de Galicia (estamos falando dun Protocolo de colaboración e coordinación promovido no ano 2017 polo Ministerio do Interior entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de Violencia de Xénero.)
- Foron moi diversas as excusas para non tramitar a adhesión a este protocolo: primeiro dixeron que os funcionarios estaban saturados para facer a tramitación administrativa pola covid; logo dixeron que non tiñan axentes preparados para ocuparse do traballo cando en xuño de 2022 se lles deu formación aos axentes.
- Neste mandado levamos este asunto ata en dúas ocasións a comisións sen que aclarasen prazos.