Deportes

O PP propón ao bigoberno a creación de áreas de calistenia nas zonas verdes de Lugo

By 26 Xullo, 2021Sin comentarios

O concelleiro do Grupo Municipal do PP Óscar Poy explica que a área existente nas costas do parque de Rosalía de Castro contan cun número importante de deportistas, polo que optar por habilitar outras en diferentes puntos da cidade axudaría a desconxestionar esta zona e a animar a máis lucenses a practicar esta modalidade deportiva

O concelleiro do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo, Óscar Poy, vén de realizar unha revisión das diferentes pistas deportivas municipais que hai esparexidas pola cidade e, tras comprobar o seu estado, envía unha dobre proposta ao bigoberno local: realizar unha renovación das mesmas e, ademais, optar pola creación de áreas de adestramento urbano, tamén coñecido coma calistenia.

Sinala Óscar Poy que na cidade xa hai unha área deste tipo, habilitada nas costas do parque de Rosalía de Castro, pero que xa se quedou pequena debido a que é habitual ver a lucenses adestrando nesta zona, xa que esta práctica deportiva medrou moito nos últimos meses xa que permite realizar unha ampla variedade de exercicios gracias a que se emprega o propio peso corporal.

Para o concelleiro popular contar na cidade con máis áreas deste tipo sería positivo, xa que axudarían a fomentar a actividade física entre a poboación e tamén desconxestionaría a área xa existente nas costas do parque.

Este tipo de actividade física é moi popular na actualidade xa que permite a calquera persona practicala, xa que non supón ningún tipo de desembolso económico en equipamento, xa que é o propio peso de cada persoa o que se emprega para adestrar en coas barras e paralelas instaladas nas zonas habilitadas.

Nesta revisión das pistas deportivas, Óscar Poy comprobou como non hai grandes deficiencias, pero sinala que si que sería preciso realizar diferentes traballos de mantemento ou renovación das pistas e os seus elementos, tales como canastras ou porterías, xa que son os que máis deficiencias presentan. Pero si que pon unha especial atención na pista que hai na rúa Armórica, ao carón do centro de saúde de Fingoi, xa que nesta instalación vemos como hai luminarias públicas no medio da pista, o que dificulta o xogo aos nenos e nenas.

Finalmente, o concelleiro popular convida ao goberno local a buscar novas zonas para crear pistas deportivas xa que consideramos que son insuficientes para a demanda actual.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies