Seguridade

O PP propón ao goberno local un plan antibotellón para frear os contaxios

By 9 Xullo, 2021Sin comentarios

O PP propón ao bigoberno que convoque a Xunta de Seguridade “para afinar a coordinación entre os distintos corpos de seguridade diante dos botellóns rexistrados nas últimas semanas na cidade”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide asegura que “o concello de Lugo non pode eximirse desta responsabilidade con frivolidades como a que utilizou o voceiro socialista”. Dende o PP afirman que “a estas alturas e logo dos episodios de violencia e inseguridade cidadá que está vivindo Lugo nos últimos días o concello xa debería ter implantado un plan antibotellón, con dispositivos especiais, para contribuir a frear os contaxios entre a xente moza”.

Os populares lamentan que “coma sempre o bigoberno bote balóns fóra e intente eludir a súa responsabilidade nun asunto que compete a todas as administracións”. “A Xunta de Galicia é clara, e o que non entende as medidas será porque non lle convén” asegurou Antonio Ameijide manifestando que “desantender as indicacións dadas suporía unha irresponsabilidade e iría en contra dos comercios, hostalaría … así como da propia veciñanza”. Os populares agardan  que o voceiro socialista e a alcaldesa rectifiquen nesa actitude obstrucionista e que “colaboren tal e como se lles pide dende a Xunta”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies