Proposición

O PP propón ao resto da corporación unha declaración institucional de apoio á illa da Palma 

By 27 Setembro, 2021Sin comentarios

O Grupo Municipal do Partido Popular considera que é preciso unir forzas ante o exemplo de civismo co que, nuns momentos moi duros, o pobo da Palma asumiu as recomendacións das autoridades priorizando a seguridade persoal e colectiva, que “é unha lección para todos”

O Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo propuxo hoxe ao resto de grupos da corporación realizar unha declaración institucional de apoio ao pobo da illa da Palma, que está a sufrir as graves consecuencias da erupción volcánica na zona de Cabeza de Vaca o pasado domingo 19 de setembro.

Os populares consideran que ante as graves consecuencias que está a sufrir o pobo da Palma é preciso unir forzas ante o gran “exemplo de civismo co que, nuns momentos moi duros, asumiu as recomendacións das autoridades priorizando a seguridade persoal e colectiva. É unha lección para todos”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies