LUNS 27 DE NOVEMBRO DE 2023
- No plan de apoio ao comercio local os populares propoñen establecer un programa de BONOS para consumir nos comercios de sempre de Lugo; en segundo lugar instan a poñer en marcha de AXUDAS destinadas ao RELEVO XERACIONAL.
- Os populares tamén queren que se ofrezan COMPENSACIÓNS ECONÓMICAS/BONIFICACIÓNS FISCAIS aos establecementos prexudicados polas obras que se están desenvolvendo no casco histórico e que acumulan retrasos o que causa prexuízos económicos importantes pola perda de clientela.
- Por último reclaman a REACTIVACIÓN e impulso da MESA DE COMERCIO LOCAL como canle de intercambio continuo de información e propostas para o sector xa que na actualidade esta canle de intercambio de información e propostas está infrautilizada.
- Cristina Sanz anima ao goberno local a apoiar esta iniciativa e lembra que se aproxima unha das campañas comerciais máis importantes, como o Nadal e as rebaixas de xaneiro, polo que “todas as administracións e partidos políticos temos a responsabilidade de unir esforzos para apoiar ao sector e establecer medidas que lle permita sobrevivir”.