CulturaProposición

O PP propón conveniar coa Deputación o uso e o mantemento do novo Auditorio de Magoi

By 23 Novembro, 2016Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira afirma que “non é o momento de facer políticas curtopracistas” e que “hai que sacar partido a unha infraestrutura, que se concluíu hai máis de medio ano, e na que a Xunta do PP investiu 20 M€”

O Grupo Municipal do Partido Popular, co ánimo de desbloquear o equipamento do novo auditorio de Magoi, presenta unha iniciativa para que “Concello, Xunta e Deputación aporten as partidas orzamentarias necesarias para adquirir o equipamento que se precisa para utilizar esta infraestructura que leva xa máis de medio ano rematada”. Castiñeira matiza que a administración autonómica ten que achegar, polo menos, o 1.2 M€ comprometido e que Concello e Deputación deben consignar nos orzamentos para o vindeiro exercicio as partidas que se precisan para completar o equipamento.

Os populares tamén queren que se planifique tanto o uso como contido desta infraestructura “debemos ter altura de miras e deixar as políticas curtopracistas por actuacións a longo prazo que saquen partido a unha infraestructura do nivel que a que temos en Lugo e onde a Xunta investiu 20 M€”. Nese senso, o Grupo Popular suxeriu a posibilidade “de asinar un convenio de colaboración coa Deputación Provincial co obxecto de facilitar o uso das instalacións do Auditorio de Magoi a cambio de que a institución provincial colabore no seu mantemento”.

O voceiro popular considera que “o goberno local ten que deseñar unha estratexia global da  programación cultural do municipio”. Castiñeira explica que “hai que ter en conta que dispoñemos de diferentes espazos e que non hai definidos usos específicos para ningún deles por iso, é preciso que se decidan, de forma conxunta, os usos e o contido non só do Auditorio de Magoi senon tamén do novo Centro Cultural rehabilitado no vello cárcere, así como o do Auditorio de Frigsa”.

Os populares tamén pedirán no vindeiro pleno que, antes dos orzamentos de 2017, se aprobe unha nova Relación de Postos de Traballo que regule a situación na que se atopan uns 100 traballadores municipais. Castiñeira insiste en que a actualización deste documento é indispensable para mellorar o funcionamento da administración local.

Os populares afirman que coa nova RPT se evitarían moitos dos conflictos de persoal que caracterizan aos equipos socialistas. O voceiro popular lembrou “o caso da Escola de Música que, neste momento, está no aire ao non  contemplarse as prazas de profesores na Relación de Postos de Traballo”.

Os populares tampouco queren que se repitan situacións tan graves como “anular o nomeamento do instructor de sancións, que a alcaldesa designou en marzo cando non tiña a categoría legalmente esixida”. O popular insistiu en que “a Relación de Postos de Traballo vixente, de 2006, non se axusta á realidade actual do Concello” lamentando que “a nova directora xeral de persoal, nomeada hai catro meses, se desentenda agora desta actualización, cando era un dos principais cometidos e unha das prioridades polas que se contrataba esta persoa”.

Xa no eido económico o Grupo Popular solicitan o apoio da corporación para declarar de especial interese e de utilidade municipal das actividades agrícolas e gandeiras co obxecto de que se lles poda aplicar unha bonificación do 95% do Imposto de Bens Inmobles.

Outra iniciativa popular é a de dotar de iluminación e de elementos de separación entre condutores e peóns na marxe dereita da estrada LU-P-2902, nun treito de tres quilómetros do coñecido como ruta do ecolóxico (Ombreiro), así como a mellora do alumeado dalgún treito do Paseo do Miño que carece del (entre o balneario e o restaurante situado nas inmediacións da coñecida como ponte branca).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies