#FacendocidadeProposiciónXestión

O PP propón crear unha oficina municipal de mediación para axudar a resolver conflictos que acaban nos tribunais

By 23 Outubro, 2024Sin comentarios
  • O Grupo Municipal do Partido Popular propón a creación dunha Oficina de Mediación Municipal para solucionar conflitos de xeito áxil e sen ter que recorrer aos xulgados. Este tipo de servizos funcionan noutros concellos de España para arranxar disputas tanto entre particulares, como entre cidadáns e a administración local

 

  • O concelleiro Gustavo Díaz explica que “o Concello de Lugo ten moito traballo por diante para convertirse nunha administración colaboradora e aberta ao diálogo” recurría a un exemplo do día que ilustra esta realidade: “Hoxe atopámonos coa protesta dun grupo de nais e pais que pola falta de información e de solucións a un conflicto laboral que afecta á gardería municipal decidiron manifestarse ás portas do Concello”

 

  • A Oficina de Mediación que propoñemos podería xogar un papel clave para evitar a escalada de conflitos como os que estamos a ver en Lugo, ofrecendo un espazo onde pais, traballadores e representantes do Concello poidan atopar solucións consensuadas.

 

  • Neste momento, o goberno local ten varios frontes abertos que poñen de manifesto a falta de diálogo e xestión efectiva: a parálise da Escola Municipal por falta de acordos co persoal, a disolución da banda municipal, ou o conflito coa brigada de augas.

 

  • A isto hai que sumar casos sonados como a destitución fulminante e posterior readmisión da xefa de persoal, ou o caso do encargado de augas que chegou a encadearse no concello en protesta polas horas extras pendentes de pago, o malestar dos praceros por unhas declaracións con acusacións infundadas contra os empresarios deste espzao, ou incluso enfrentamentos públicos polo nomeamento do xefe de arquitectura (ano 2021) co colexios profesional dos arquitectos. Iso por non falar do descontento  xeralizado do persoal municipal como se reflicte, pleno tras pleno, nas concentracións de protesta de todos os sindicatos.

 

  • O edil popular aseguraba que “o compromiso do Partido Popular é claro: presentamos esta iniciativa para traballar por un Concello que escoite, dialogue e ofreza solucións reais e efectivas, para que casos coma o desta gardería non se repitan e para que toda a cidadanía se sinta apoiada en situacións de conflito

 

  • Gustavo Díaz concluía que “coa mediación, buscamos unha administración máis cercana e transparente, que fomente a confianza e a boa convivencia”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies