Medio AmbienteSen categoría

O PP propón identificar as árbores máis singulares do parque Rosalía de Castro con placas con códigos QR

By 22 Xuño, 2017Sin comentarios

A concelleira popular Ana López Pombo explicou que o obxecto deste proxecto é “dar a coñecer dunha forma sinxela o ecosistema que temos na cidade” e suxire que o marco máis apropiado para iniciar esta acción “é o parque máis emblemático de Lugo onde hai máis de 70 especies distintas de árbores, arbustos e plantas de seto”

O Grupo Popular presenta unha iniciativa a pleno para poñer en valor a diversidade botánica do Parque Rosalía de Castro “queremos que se identifiquen cunhas placas, co nome común e co nome científico e máis coas principais características, as árbores máis singulares deste emblemático espacio verde de Lugo”.

A concelleira do PP Ana López Pombo explicou que “esta información se podería ampliar utilizando un código QR que dirixiría ao usuario a un catálogo dixital no que estaría almacenado o currículo completo de cada árbore co obxecto de contribuir a fomentar o coñecemento das máis de 70 especies distintas de árbores, arbustos e plantas de seto”. “Queremos que con estas placas, calquera persoa con inquedanzas sobre o medio ambiente, simplemente cun Smarphone e baixando a aplicación do lector QR, poda acceder aos datos básicos de cada árbore”.

López Pombo puxo de manifesto a necesidade de sacar un maior partido a este espacio de esparcemento que impulsou no ano 1921 o alcalde Angel López Pérez reflexionando que “a maiores do luxo que temos os lucenses de poder disfrutar deste espazo de lecer, o Parque Rosalía debería servir, tamén, para divulgar as características das diferentes especies que conforman este espazo”.

Na proposta que presentan os populares suxiren tomar, como punto de partida, a clasificación e os mapas de ubicación das diferentes árbores do Parque Rosalía que xa figuran dentro do Plan Director indicando que “habería que elaborar unha guía máis completa que se podería realizar contando coa participación do Campus Terra ou ben implantar unha liña de colaboración con centros educativos enmarcando o proxecto dos QRs dentro dum programa multidisciplinar para concienciar sobre a importancia de  coidar os nosos parques á vez que se familiarizan coa tipoloxía das plantas que existen no municipio”.

O Partido Popular xa demostrou a súa sensibilidade por divulgar e protexer a riqueza do ecosistema dos seus parques lembrando como cando se fixo o Parque do Miño, dentro do proxecto, se incluíu a colocación de metacrilatos con información das especies máis características desta zona. “Pola falta de mantemento e vixilancia estes indicadores desapareceron; os socialistas non se molestaron en repoñer ou arranxar estas placas identificativas malia as peticións do Grupo Popular”.

“Non podemos imaxinar o benestar do medio urbano sen os seus grandes parques con árbores e este paraíso botánico é á vez unha excelente escola para poder coñecer mellor a estes seres vivos cos que convivimos” reflexionou López Pombo.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies