LimpezaUrbaserZona rural

O PP propón impulsar un punto limpo móvil para contribuír a erradicar vertedoiros no rural

By 5 Xuño, 2020Sin comentarios

Os populares explican que no DOGA do 13 de Maio se publica una liña de axudas a través da cal se conceden 70.000 € para os municipios que se adhiran a este sistema cuxo prazo acaba o vindeiro 14 de xuño

<--!more-->

O Partido Popular propón ao concello que solicite a axuda que concede a Xunta de Galicia de 70.000 euros para poñer en marcha un punto limpo móvil para recollida de residuos de difícil reciclaxe na zona rural. Manuel López subliñou que “coa posta en servizo deste sistema se contribuiría a reducir os vertedoiros ilegais que proliferan nas parroquias do municipio”.

Os populares explican que “os puntos limpos ambulantes brindan a posibilidade aos veciños de depositar de xeito selectivo aqueles residuos que habitualmente non se poden botar nos colectores ordinarios, coa vantaxa de que o fan ao lado da casa”. O camión deste punto limpo móvil leva unha plataforma con varios compartimentos que dan cabida a pilas, aceites, bombillas ou pequenos electrodomésticos e outros residuos.
O Partido Popular tamén solicitou ao goberno local que mentres non se implante este sistema se acometa o máis axiña posible a limpeza de vertedoiros incontrolados no rural xa que “pola súa inacción” está “estendida a teoría da ventá rota e observamos como se contaxian actitudes incívicas provocan a proliferación de depósitos de rodas, electrodomésticos, mobiliario … en diferentes parroquias do municipio”.

O concelleiro popular Manuel López explica que é importante neutralizar estes vertedoiros que atopamos nas marxes dos camiños enumerando varios puntos conflictivos como Muxa, Coeo …

O popular tamén é partidario de que se leven a cabo campañas de concienciación, con cartelería nestes puntos para disuadir aos infractores de que están cometendo un delicto medio ambiental. López lamenta que “durante os 20 anos de gobernos do PSOE non se fixera nin unha soa campaña de sensibilización para a cidadanía”.

O concelleiro do PP tamén reclamou que “se restableza a patrulla verde da policía para localizar de forma rápida os vertedoiros que aparezan e, unha vez detectados, nun prazo máximo dunha semana ou quince días levar a cabo a limpeza destes puntos para evitar o efecto chamada”.

Manuel López tamén suxire que se potencie a colaboración cidadá a través da liña verde ou con chamadas á policía local “sempre e cando o goberno local se comprometa a erradicar os vertedoiros que se denuncien”. “Este tipo de vertidos son froito de actitudes incívicas de persoas que non respectan as normas orixinando problemas de salubridade e afeando a imaxe da zona rural” resumía Manuel López.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies