Cultura

O PP propón inaugurar o novo auditorio de Magoi cun concerto de  tirón no San Froilán

By 10 Maio, 2022Sin comentarios

Os populares avanzan que se o bipartito quere que levemos propostas serias á Comisión de Festas convocada para mañá “antes debería detallarnos o modelo de patronais que ten en mente”

O PP acudirá á Comisión de Festas que está convocada para mañá con espírito constructivo pero manifestan o seu temor a que se repita “a matraca de todos os anos: invitación á mesa de cara á galería para logo deseñar unhas festas cutres e que cada vez van a menos”.

No PP pídenlle ao bipartito “que muden o sistema de traballo e que recuperen o modelo de Comisión de Festas aberta e participativa para que  o San Froilán sexa de novo unha festa de todos e non só da parte nacionalista do bipartito”.

Para os edís do PP, a alcaldesa de Lugo non debería permitir que “por intereses partidistas se acabe cunha das festas con máis tradición de Galicia”. “Non nos vale o argumento que cada parte do bigoberno ten unhas competencias, para o PP as patronais foron sempre unhas festas de todos e para todos”. “Se para o Caudal Fest, que é en setembro, xa está todo pechado que podemos esperar para o San Froilán do que nada se sabe ainda” pregúntanse os populares. “Esta ben fialo todo ao bo tempo e ás ganas de disfrutar dos lucenses”.

Entre as propostas que o PP achegará mañá á Comisión de Festas figura: axilizar a posta en marcha do novo Auditorio de Magoi para traer unha gran actuación de tirón; elección do pregoeiro ou pregoeira do San Froilán así como o da oferente do Domingo das mozas chegando a un consenso; dar un maior protagonismo á música das Bandas nos palcos, tanto da Praza Maior coma do Parque Rosalía de Castro, con invitación a agrupacións dos municipios da contorna; promover un festival de folclore no que se reúnan grupos de danza de Galicia y de toda España, así como programar actividades de mostra pública de todas as disciplinas deportivas diferentes (sobre todo as minoritarias).

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies