O vicevoceiro popular afirma que, á vista de que en estudos feitos nas EDAR de varias cidades detectaron na rede de saneamento restos do virus “queremos saber se o goberno local ten previsto reforzar a vixilancia das augas residuais que chegan á planta de Lugo para obter información e compartirla co resto de administracións para tomar medidas de seguimento e control en caso de repuntes da enfermidade”
O Grupo Popular pregunta ao goberno local se, a maiores das analíticas pertinentes que se fan na depuradora de Lugo, se está levando a cabo algún reforzo para certificar que as augas residuais que chegan á planta, unha vez tratadas, cando se verten de novo ao río,non teñen Covid.
Antonio Ameijide afirma que “noutras cidades galegas e do resto de España xa están facendo ademáis a monitorización das augas residuais, en diversos puntos da rede de saneamento e na propia entrada da EDAR, porque apareceron nelas restos da covid”. O popular afirma que, estes estudos e estas analíticas servirían para identificar posibles brotes, examinar o alcance das infeccións… xa que recollerían de xeito periódico datos de toda a poboación, incluíndo as que pasaron a enfermidade”. “A toma de mostras no tempo permitirá, tamén, estar alerta ante posibles repuntes polo que a información que se obteña deste muestreo axudaría ao goberno local e o resto das administracións a planificar as medidas de control da enfermidade. O popular indicou que a 8 de abril xa había 19 artículos de investigación sobre a presenza de covid en augas residuais.
Por este motivos, o vicevoceiro popular pregunta ao goberno local “se hai algún programa de vixilancia extraordinario da presencia do COVID, en distintas zonas do Miño ao seu paso por Lugo xa que “sería moi tranquilizador para os cidadáns, especialmente os deportistas que empregan as augas do río, sobre todo arestora que imos cara ao verán”.
Preguntas que o PP eleva a comisión:
A la vista de que en algunas ciudades han aparecido restos de Covid en la red de saneamiento queremos saber si:
- Desde el ayuntamiento de Lugo se han realizado pruebas y análisis de la presencia del Covid 19 en la red de saneamiento municipal? De no haberse realizado por que no se han llevado a cabo? De haberse realizado, que resultados han dado?
- Desde el ayuntamiento de Lugo se han realizado pruebas y análisis de la presencia del Covid 19 en la EDAR municipal? De no haberse realizado por que no se han llevado a cabo? De haberse realizado, que resultados han dado?
- Se está analizando la presencia de COVID 19 en los vertidos al Río Miño que salen tras el tratamiento de las aguas residuales en la EDAR?
- Se están practicando analíticas en el Río Miño a su paso por Lugo para detectar la presencia de Covid 19 y garantizar la calidad de sus aguas?
- Que medidas de protección se están aplicando a los trabajadores de la Edar y de la red de saneamiento?