O voceiro do PP asegura que a administración máis cercana ten instrumentos para colaborar cos autónomos e empresas vinculadas á hostalaría, distribuidores, comercio local e outras actividades que acrediten pérdidas como consecuencia da pandemia suxerindo “reducir, ata o 100% nalgún caso, a taxa de residuos, auga e sumidoiros, prolongar a exención do pago de terrazas durante 2021 e bonificar o IBI anual aos locais comerciais ou hostaleiros”
O Partido Popular presentará unha iniciativa cun Plan de medidas para apoiar a hostalaría, distribucción, pequeno comercio de Lugo e outras actividades que acrediten pérdidas como consecuencia da pandemia. O voceiro popular Ramón Carballo propón rebaixar impostos como por exemplo o da recollida de lixo “queremos que non se lles cobre a parte proporcional da cuota dos días que peche tanto por decreto como por se ten que baixar a persiana por un positivo de covid que obrigue ao peche do negocio”.
Outra medida é a relativa ao uso de espacio público por terraza. O PP ao contrario que o goberno de Lara, que propón empezar a cobrar e subir as taxas en xaneiro, propón que os hostaleiros estén exentos deste imposto ata o verán de 2021. Como terceira medida o Grupo Popular reclama bonificacións, proporcionais co peche, no IBI anual aos locais comerciais ou hostaleiros con actividade.
O voceiro popular xustificaba estas propostas manifestando que “sen dúbida, o impacto desta crise está a ser enorme nun dos sectores máis importantes da nosa cidade e os traballadores e responsables dos comercios, bares e restaurantes que tiveron que pechar as súas portas están sen ingresos, con todo o que esto conleva”.
Carballo tamén lembrou como unha das prioridades do seu Grupo, e que xa plantexou nas achegas para elaborar os orzamentos de 2021, é a creación dun Fondo Covid 19 de 5M€ para os sectores económicos máis castigados pola crise con axudas directas para pagar seguros sociais, gastos fixos ou o pago de préstamos, aplicable segundo o tamaño da empresa e para perdas de máis do 50% dende marzo de 2020
Outro aspecto que a xuizo do PP, neste momento, é máis necesario que nunca é a potenciación da Mesa Local de Comercio para que funcione como unha canle eficaz de intercambio de información e propostas cos representantes do comercio. “É imprescindible manter un contacto directo con comerciantes e hostaleiros, escoitalos e definir conxuntamente accións para colaborar co sector de cara a campaña de Nadal e para estar preparados para cando volva a normalidade”.
O Partido Popular presenta este paquete de accións para un sector que viu como a súa actividade se reducía por mor da pandemia “os meses de confinamento, a baixada dos aforos nos negocios e as limitacións de mobilidade impedía acceder aos clientes aos seus establecementos. Por poñer un exemplo un local de hostalaría, de entre 200 a 400 m2, pagará por tres trimestres de lixo e auga 871€ aos que hai que sumar o IBI. Nun caso similar está un local de ocio nocturno que pagaría 943,50€ de lixo e auga e a maiores o IBI do local. Carballo explicaba que “os cartos que recibiron do Plan Reanima de Lara Méndez non lles cubren nin as taxas municipais. O que ingresaron do Concello se lles volve a ir pagando impostos municipais”.