Tráfico

O PP propón melloras de seguridade vial no entorno dos colexios

By 28 Novembro, 2016Sin comentarios

Antonio Ameijide pide que se mellore a iluminación e se instale “de forma progresiva” a sinalización luminosa dos pasos de peóns situados nas inmediacións dos centros educativos do municipio

O Grupo Municipal do Partido Popular quere que o goberno local reforce as medidas de seguridade vial no entorno dos centros educativos da cidade. Antonio Ameijide subliña que os atropelos son unha preocupación para todos e que  “os pasos de peóns despintados, mal iluminados, coches aparcados e contenedores  restan visibilidade na contorna dos centros educativos”.

O vicevoceiro popular suxire un traballo coordinado en tres eixos “o primeiro sería programar, no que queda de mandato, é a instalación progresiva dos pasos de peóns intelixentes e luminosos para facelos máis visibles”. Estes dispositivos luminosos, que xa funcionan nas inmediacións dalgún centro educativo de Lugo, alertan aos conductores sobre a presencia de peóns para que paren “utilizando un sistema moi sinxelo acendéndose unha potente iluminación, ao igual que os sinais verticais de aviso colocadas no seu lateral”.

O segundo eixo no que hai que traballar é no mantemento da sinalización e o repintado dos pasos de peóns, situados na contorna dos centros educativos, que están desgastados. “O goberno local non pode permitir o deterioro desta sinalización xa que estamos falando de zonas con gran afluencia de cativos”, apuntou o edil popular.

A terceira liña na que o goberno local debería traballar é na implantación da gratuidade do transporte urbano para os menores de 19 anos. O edil do PP matizou “que ao empregar o autobús nos desprazamentos e reducir o número de coches se mellorará na mobilidade dos entornos dos centros escolares e, polo tanto, se avanzaría, tamén, en materia de seguridade vial”.

O vicevoceiro popular lamentou a escasa implicación dos socialistas “para trasladar aos alumnos de Lugo os beneficios e as vantaxas do uso do transporte público”. Antonio Ameijide lembrou que existe un acordo, do pleno do 30 de xuño, que presentou o seu Grupo para que os 15.000 mozos e mozas menores de 19 anos podan utilizar de balde o autobús urbano. O popular indicou que con esta iniciativa se daría continuidade á medida implantada pola Xunta do PP para que o transporte metropolitano sexa gratuíto.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies