InfraestruturasMedio Ambiente

O PP propón que o Concello de Lugo recupere a Fábrica da Luz “impulsando un verdadeiro proxecto de enerxía sostible”

By 18 Agosto, 2023Sin comentarios
  • O Grupo Municipal Popular pide explicacións sobre o que ten pensado facer o Concello de Lugo coas turbinas da Fábrica da Luz que tiveron un custe de máis de 700.000 euros e propón recuperar a concesión para a súa explotación e producción de enerxía eléctrica de forma que se impulse “un verdadeiro proxecto sostible”

 

  • Antonio Ameijide explica que, aparte dunha cafetería moi cara, non se sabe que ten pensado facer o bigoberno municipal coa Fábrica da Luz “despois da chapuza de xestión e as cacicadas” que supuxeron que o Concello pagase unha indemnización de 2,4 M€ á empresa adxudicataria

 

  • O popular lembra que o Concello está a perder aínda máis cartos ao ter que pagar o alugueiro dunha nave no Corgo por un valor de 1.694 euros mensuais (máis de 20.000 euros ao ano) para o almacenamento das turbinas; ademais de que estas máquinas “están perdendo valor” chegando a ser case residual porque se trata de elementos fabricados a medida con características técnicas concretas para cada tipo de salto de auga, caudal, etc. que resultan moi difíciles de vender polo custo real que tiveron

 

  • Ameijide defende que a iniciativa do PP para recuperar a Fábrica da Luz permitiría “reducir a factura eléctrica municipal” ao mesmo tempo que “pon en valor un inmoble municipal” aproveitando, ademais, as turbinas das que xa dispón o Concello e mesmo sería compatible coa proposta da alcaldesa de facer unha cafetería

 

  • O concelleiro popular responsable de Infraestruturas e medio ambiente subliña que “a recuperación da concesión para a explotación da Fábrica da Luz é un proxecto verdadeiramente sostible, non como os que nos quere vender a alcaldesa financiados con fondos europeos coma o carril bici ou o edificio Impulso Verde na Garaballa, entre outros”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies