Proposición

O PP propón que o Concello lidere un grupo de traballo para poñer en valor os 3 bens patrimonio da humanidade de Lugo

By 19 Abril, 2016Maio 12th, 2016Sin comentarios

O voceiro do GMPP Jaime Castiñeira pide ao goberno local “valentía” para capitanear este grupo de traballo co obxecto de “programar as inversiones das distintas administracións competentes no Camiño Primitivo, a Muralla e a Catedral”.

O GMPP presentará unha iniciativa para debater no vindeiro pleno que teña por obxectivo “a creación dun organismo municipal que aglutine ás administracións con competencia no coidado, recuperación e posta en valor dos tres patrimonios da humanidade que ten o Concello de Lugo: Camiño Primitivo, Muralla e Catedral”. O voceiro do Grupo Popular presentou esta proposición no barrio da Chanca, na ponte pola que se accede á cidade de Lugo, salientando que é preciso concretar as actuacións para revalorizar esta ruta. Castiñeira explicou que “moitas delas xa están  documentadas como a posta en valor do conxunto etnográfico que hai na zona (fabrica de curtidos, muíño, casa das lavandeiras), á recuperación do empedrado e dos manantiais da zona, o reforzo da sinalización ou a colocación de paneis informativos como o que o PP reclamou na subida da escaleira de San Eufrasio con Fontiñas. Incluso o popular suxeriu que a caseta que ten o Concello aparcada no módulo de atletismo se reubique nesta entrada ou noutro punto de afluencia turística para ofrecer información aos peregrinos.

Nese senso Castiñeira lembrou que unha das liñas que propuxo o PP para mellorar os orzamentos de 2016 era dotar dunha partida de dous millóns de euros anuais para fomentar obras de rehabilitación das vivendas con especial atención ás que están situadas ao pé do Camiño Primitivo. Os populares tamén suxiren que se faga un esforzo para captar fondos da Área de Regeneración y Renovación Urbana dos Camiños da Xunta de Galicia.

Castiñeira aclarou que neste organismo municipal deberían estar representados Concello, Xunta, Goberno Central, bispado, Universidade, Asociación de Amigos do Camiño … e o fin deste organismo sería coordinar os proxectos de recuperación promoción e posta en valor dos bens do Partimonio Mundial.  O voceiro popular matizou que “afortunadamente non partimos de cero” e, nese senso, destacou a investigación sobre o Camiño Primitivo de Abel Vilela e Ricardo Polín a quen dixo tamén “habería que incorporar tamén a este grupo de traballo” xa que enumeran, de forma detallada, accións concretas para revalorizar este ruta ao seu paso polo noso Concello.

O popular quixo destacar a importancia do patrimonio que ten Lugo preguntándose cántas cidades teñen 3 bens declarados Patrimonio da Humanidade. Castiñeira reflexionou “é unha realidade que, a día de hoxe, lonxe de promocionar as oportunidades que nos brinda ter 3 bens declarados Patrimonio da Humanidade, o goberno local estaos deixando orfos de plan de promoción”. Castiñeira indicou que “só hai, de cando en vez, unha programación estacional pero esto non é suficiente para que sexan coñecidos e recoñecidos ao pasar Pedrafita”.

O voceiro popular concluíu que todas as iniciativas referentes ao Camiño Primitivo, a Muralla e a Catedral deberían contar co apoio social e político e nese senso agarda que todos os membros da corporación voten a favor desta iniciativa.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies