Obras

O PP propón que o concello lidere un plan de escavacións e que financie as prospeccións arqueolóxicas nos solares e locais do casco histórico

By 20 Febreiro, 2024Sin comentarios
  • Ramón Cabarcos explicou que esta proposta debería enmarcarse dentro dunha estratexia máis global para xestionar o patrimonio cultural de Lugo que incluiría a protección, conservación e promoción do noso pasado

 

VENRES 16 DE FEBREIRO DE 2024

 

  • O Partido Popular presenta unha iniciativa a pleno para que o concello interveña de oficio xestionando e axudando no financiamento das escavacións nos solares e nos locais que os propietarios poñan a súa disposición para que poidan planificar o futuro das parcelas

 

  • O concelleiro popular Ramón Cabarcos explicou que agora mesmo hai sistemas que permiten verificar “sen ter que meter as pás” se hai algún achado de interese que haxa que preservar e así abordar a xestión do patrimonio cultural na cidade co obxectivo de obter beneficios tanto en termos de coñecemento histórico como de desenvolvemento urbano.

 

  • O que reclamamos é que o propietario ou promotor daquel espazo susceptible de ser obxecto de obras nas que corresponda aplicar o disposto no artigo 46 do PEPRI, solicitaría a intervención da administración local para levar a cabo un estudo previo e escavación, se procede, da súa propiedade.

 

  • O Plan de excavacións que presentan os populares sería beneficioso por tres razóns:

 

  1. Avanzaríase no coñecemento da traza histórica e do pasado da cidade con acceso a espazos aínda non estudados

 

  1. Potenciaríanse as intervencións no recinto amurallado xa que propietarios ou promotores terían un maior grao de certeza de existencia ou non de restos arqueolóxicos

 

  1. Redución dos custes ao evitar paralizacións de proxectos ou modificacións para contemplar posibles achados

 

  • Cabarcos destacou que esta iniciativa nace co ánimo de, por un lado, abordar a xestión do patrimonio cultural nunha cidade cunha rica historia arqueolóxica e, por outro, de contribuir a que os propietarios se animen a rehabilitar edificios en estado ruinoso do casco histórico xa que son poucos os que se atreven a meterse en obras polas trabas burocráticas e a falta de apoio financeiro.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies