O GarañónUrbanismo

O PP propón que o pleno aprobe a modificación puntual do PXOM e suspenda as licenzas no Garañón

By 16 Marzo, 2017Sin comentarios

O voceiro popular Jaime Castiñeira “á vista do fracaso da Comisión elevará unha iniciativa a pleno para que “sexa o Concello quen lidere a ordenación urbanística da unidade de actuación CS-5 e o seu entorno onde están as Torres das costas do parque”

O voceiro do Grupo Popular Jaime Castiñeira anunciou hoxe que presentará unha iniciativa a pleno para que se aprobe a modificación puntual do PXOM con unha ordenación  detallada da CS-5 así como a parcela que linda co Garañón (antita CS9). Os populares afirman que é urxente iniciar este trámite así como “a suspensión de licenzas para deseñar dende o Concello o desenvolvemento urbanístico das Costas do Parque”.

Para os populares neste momento do proceso, con varias sentenzas en contra que anulan todo o desarrollo urbanístico e o convenio asinado polo PSOE en 2005, o goberno local  ten que ser capaz de capitanear o futuro deste entorno “se a sabemos aproveitar as ferramentas que temos se nos brinda unha oportunidade de ouro para tirar as torres e ordenar este entorno”, reflexionou o voceiro popular.

Castiñeira  pídelle á alcaldesa “altura de miras” e que convoque “se pode ser mañá, mellor que pasado, un pleno para aprobar esta modificación puntual”. O voceiro popular advirte que “se o promotor rexistra antes a súa proposta haberá que dárlle trámite e iso restaría marxe de manobra ao Concello para deseñar o entorno do Garañón. De ahí que o tempo corra en contra”. Se a alcaldesa ten unha vontade real de solucionar a desfeita urbanística debería “ter en conta esta proposición” e adiantar, canto antes, á convocatoria do pleno” destacou o voceiro popular.

A presentación desta iniciativa, por parte del Grupo Popular, rexístrase logo do fracaso de onte da Comisión do Garañón “o importante non é quen a presida, o que importan son os resultados que se obtengan” indicou o voceiro dos populares.

Outro dos parámetros que defenderon dende o Partido Popular, moito antes de que se coñecesen as últimas sentenzas sobre o Garañón, é a necesidade de analizar de forma global o problema.  Nese senso, volveron insistir hoxe na contratación dunha asesoría externa que estude a anulación do convenio asinado por Orozco e cociñado por Besteiro en agosto de 2005 para construir as 6 torres das Costas do Parque, así como os custes de demolición e as posibles indemnizacións ao promotor.

Dende o Partido Popular “dende agosto do ano 2005 levamos denunciado a pantalla de formigón que os socialistas querían levantar nas Costas do Parque a conta do convenio asinado por Orozco e cociñado por Besteiro”. O problema non era o Plan Xeral do 91 senón de como se  xestionou xa que “se permitiu que o volume se distribuise do xeito máis lesivo para os veciños edificando torres de 9 plantas que podían ter deseñado de forma escalonada”. “Estaban máis que advertidos do impacto e do frontón que ían construir neste punto”, concluíu Castiñeira.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies