Cultura

O PP propón recuperar o anfiteatro do Campus, con 2.500 prazas en grada, como auditorio ao aire libre

By 13 Xaneiro, 2021No Comments

A concelleira popular Beatriz Vázquez pídelle ao goberno local que faga as xestións oportunas coa Deputación e a Universidade para recuperar esta instalación “como outro novo escenario cultural da cidade ou lugar para exhibicións deportivas ou para coreografías de escolas de baile”

A concelleira popular Beatriz Vázquez propón ao bigoberno que “acondicione o anfiteatro que hai no Campus, que ten unha capacidade de 2.500 prazas e un escenario de 800 m2, como novo emprazamento para desenvolver actos culturais de forma segura nestes tempos da covid”. A popular mesmo suxería que este escenario podería servir para exhibicións deportivas ou coreografías de escolas baile”.

Para os populares “este é o momento para recuperar esta infraestructura” que se fixo no ano 2000 cun goberno do Partido Popular e que, co paso do tempo, os sucesivos gobernos socialistas e nacionalistas deixaron abandonada e non foron quen de dárlle un uso.

A edil do PP suxire que o concello de Lugo inste “á Deputación e á Universidade para que, entre todos, recuperemos esta infraestructura” e reclama que se consensúen propostas para dárlle un uso de cara a privamera e o verán deste 2021”. Beatriz Vázquez indicou que este acordo, debería ser sinxelo xa que a responsable de Cultura do concello, Maite Ferreiro, é a mesma persoa que se ocupa da vicepresidencia da Deputación polo que “non tería porque haber ningún problema para axilizar a recuperación deste anfiteatro, sobre todo tendo en conta que estamos a falar de garantir o acceso a unha cultura segura”.

Os populares explicaron que o anfiteatro do campus presenta neste momento un estado ruinoso. A popular enumeraba as súas deficiencias “gradas pintadas,  pedras de granito arrincadas e reventadas, malezas e lixo” indicando que “a zona onde supostamente está o escenario as fogatas estragaron moitas das lousas, tamén falta a practica totalidade da reixa metálica dos sumidoiros e hai pezas metálicas tiradas no chan”.

Para Beatriz Vázquez é lamentable “a falta de mantemento desta construcción que se inaugurou no ano 2000 e que custou aos lucenses máis dun millón de euros”. “Estamos falando dun anfiteatro que se fixo nunha zona privilexiada de Lugo e que é a porta de entrada do campus” manifestando que “é moi pobre a primeira impresión que se levan os que  accedan ao campus lucense por Alfonso X”.

Vázquez explicou que “ainda que somos conscientes que a distancia co centro é un inconvinte eso non significa que non sexa un lugar viable e atractivo para programar actuacións ao aire libre xa que hai transporte público ata este punto así como zona de aparcamento nas súas inmediacións”.

O anfiteatro do campus inaugurouse no ano 2000 a obra foi realizada pola Escola Taller da Deputación, custou máis dun millón de euros e ten unha capacidade para 2.500 persoas e un escenario de 800 m2 . Tamén se fixeron dous paseos en semicírculo, cunha superficie total e 2.000 m2, pavimentados en pedra.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies