Os populares analizan as alternativas que hai para crear máis prazas en Fontiñas
A voceira do Grupo Popular Elena Candia afirmou que o concepto de humanización ten que ser algo máis amplo que cambiar pavimentos (que empeoran) xa que “humanizar é facer unha cidade sostible, cunha circulación fluída e con alternativas de estacionamento cómodos pensando nas persoas”.
• Estas actuacións deben facerse con planificación e dende o PP hoxe reiteramos “a nosa proposta para crear máis prazas de aparcamento e que xa se anunciou en varias ocasións”.
• A popular refírese a unha actuación global que inclúe: a creación dunha rede de aparcadoiros en altura en distintos puntos da cidade” Ademáis dos que plantexamos en Fontiñas temos feito un estudo para facer este tipo de proxectos en altura en localizacións como o barrio da Milagrosa ou en parcelas situadas na contorna da rúa Santiago, da rúa Paxariños ou na rúa Castelao. Ademais apostamos por construir un parking soterrado na Praza de Augas Férreas e que se execute o aparcadoiro comprometido na zona do Carme.
• A popular explicou que no caso de Fontiñas “existe un consenso xeralizado sobre a necesidade de crear más prazas de aparcamentos en Fontiñas de feito o Grupo Popular fixo nun tempo record do mes de agosto de 2023, unha recollida de máis de 1000 sinaturas de veciños e comerciantes da ronda das Fontiñas reclamando un aparcadoiro.
• A proposición coa nosa proposta levouse a pleno en abril de 2024 e foi rexeitada polo PSOE e o BNG e nela se indicaban as localizacións desta infraestrutura: ou ben nunha parcela á altura de O Pan do País, ou ben noutra que está cerca dos hortos municipais e o Parque dos Paxariños.
• En calquera das dúas ubicacións se proporcionarían prazas suficientes na área máis conflictiva da avenida de feito xa empezamos a traballar mantendo algún contacto cos propietarios
Análise técnico 4 alternativas
Pola súa banda Ramón Cabarcos fixo unha análise técnico das catro propostas que hai sobre a mesa.
• Con respecto á proposta da parcela de Sanfíz indicou que se trata dun solo urbanizable e que habería que facer un cambio a solo urbano para facer a infraestrutura. Esta alternativa non resolve o problema de aparcamento no barrio de Fontiñas
• Respecto á recente proposta da alcaldesa de abrir a rúa Vilaverde indicou que está en dous polígonos de actuación que se desenvolven polo sistema de cooperación e habería que reparcelar todo o espazo afectado.
• Cabarcos explicou que “esta altenativa non resolve o problema real e recriminou a Paula Alvarellos por intentar confundir á cidadanía” insistiu en que “se ben esta intervención é necesaria, é unha competencia exclusiva do Concello e non precisa en absoluto da Xunta”. Ademais, lembrou que “esta actuación debería terse executado hai máis de cinco anos a través do PXOM, unha planificación urbanística que segue paralizada e é responsabilidade directa do goberno local”.
• A incoherencia da alcaldesa evidénciase ao propoñer agora unha solución distinta á defendida na carta enviada por Paula Alvarellos á Xunta o pasado 31 de outubro.
• Para o vicevoceiro popular “este cambio constante de ubicacións e propostas improvisadas evidencia que o Concello non ten un modelo de cidade nin un plan definido. Ademais, acusou ao goberno local de recorrer sistematicamente á Xunta para resolver problemas que son competencia municipal. Esta actitude, engadiu, é similar á confusión xerada coa ubicación do novo centro de saúde do Sagrado Corazón, que inicialmente se anunciou en Paradai para logo rectificar e apoiar a proposta do Partido Popular de mantelo no corazón do barrio, na zona onde estaba o antigo colexio.
• Con respecto ás propostas que defende o PP ambas ubicacións están no mesmo Plan Especial de Reforma Interior (PERI nº3).