A concelleira popular María del Carmen López Silva suxire elaborar esta base de datos cruzando datos do padrón municipal con información dos servizos sociais municipais así como das entidades sociais ou asociacións de vecinos
A concelleira do Grupo Popular María del Carmen López Silva propón ao goberno local elaborar un censo coas persoas maiores que viven soas no municipio “podería facerse cruzando os datos do padrón municipal con información que teñan os servizos sociais municipais ou ben solicitando información con entidades sociais, asociacións veciñais”. A edil popular reflexionaba “con esta información sobre a mesa o concello podería coñecer a súa situación persoal detectando necesidades das persoas que viven soas no municipio. Neste momento o servizo de achegamento tería que ser telefónico ou presencial pero, nun futuro, deberíamos plantexarnos dar pasos cara a implantar un servizo de asistencia avanzada”.
O que suxire o PP é que a teleasistencia se amplíe a todos os maiores de 65 anos que vivan sós, e que o soliciten, independentemente de se teñen ou non unha dependencia ou discapacidade. A idea é que todos os maiores que están sós estén a un click á hora de pedir axuda, que se sintan tranquilos, protexidos cun sistema de xeolocalización que lles garantiza a permanencia nun entorno de forma segura, previo consentemento do usuario.
López Silva manifestou que “neste momento o illamento dos maiores implica aumentar a vulnerabilidade fronte a unha enfermidade que xa padezan e que ao estaren sós podería empeorar”.
A edil popular explica que, cunha crise sanitaria que afecta de forma importante a este colectivo, hai que redobrar esforzos e promover iniciativas pensando nos maiores “a elaboración do censo é unha acción que debe ir acompañada co impulso dun servizo de teleasistencia avanzada con dispositivos de monitorización a domicilio que sirva de apoio naautoxestión axudando a previr situacións de risco e favorecendo a permanencia no seu entorno garantindo que esta sexa segura y mas tranquila… Este sistema telemático sería tamén de gran utilidade, sobre todo, para determinados tipos de discapacidade”.