Inundacións

O PP propón un plan de actuacións na rede de drenaxe para evitar inundacións nos puntos negros do municipio

By 25 Outubro, 2023No Comments
  • O PP pide un plan de acción para paliar os problemas de mobilidade provocados por  inundacións  cando hai precipitacións fortes en determinados puntos negros do municipio

 

  • Os contratempos xerados polos efectos das chuvieiras xeran dificultade ou impedimento nos desprazamentos da veciñanza así como bloqueos de accesos a edificacións públicas ou privadas.

 

  • O concelleiro popular Ramón Cabarcos advirte que as intervencións urbanas que se están realizando no municipio supoñen un agravante xa que ao aumentar a superficie e o perímetro urbano hai máis zonas expostas e tamén as recentes intervencións no centro da cidade incrementan a impermeabilidade da superficie.

 

  • Ademáis de solicitar un mapa no que se sinalicen os puntos negros do municipio a iniciativa dos populares propón actuar en tres eixes:

 

  1. Analizar o deseño dos puntos negros onde se detectan as inundacións para estudar se é preciso ou redeseño das vías afectadas.
  2. Estudo dos elementos de drenaxe, plantexando a posibilidade de modificacións de tamaños, formas , número de elementos e mesmo tipoloxía.

Plan de mantemento periódico do drenaxe superficial  reforzando os puntos críticos e cando haxa previsión meteorolóxica de grandes precipitacións ou tormentas, levar a cabo una revisión e reforzo da limpeza dos sumidoiros nos puntos críticos detectados.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies