EducaciónTransparencia

O PP propón un plan de prevención, detección e intervención para chegar ao “absentismo cero” nos centros escolares

By 21 Outubro, 2019Outubro 22nd, 2019Sin comentarios

O concelleiro popular Javier Vázquez explicou que a iniciativa que presenta a debate do pleno é transversal “abarcando o ámbito da educación e a protección social xa que ten por obxecto mellorar e reforzar a prevención do absentismo escolar”

O Partido Popular quere reforzar a prevención do absentismo escolar e que se mellore a coordinación das distintas instancias que configuran a comunidade educativa. O concelleiro popular Javier Vázquez afirma que “o Concello, como institución dinamizadora debe responsabilizarse nas medidas para reducir as cifras de absentismo, abandono escolar e a non escolarización para tentar así, acadar unha educación para todos os nosos menores no que se refire ao sistema educativo que comprende dos 6 ata os 16 anos, onde a asistencia á escola é obrigatoria”.

Co ánimo de contribuir a atallar esta problemática dende o Partido Popular presentan unha iniciativa para debatir no pleno na que propoñen “a creación dunha Comisión municipal de absentismo escolar que avalie os factores que poderían influír neste tipo de conductas así como a redacción dun protocolo de absentimo escolar co ánimo de detectar os casos de absentismo, intervir nos mesmos e recuperar ao alumno absentista”.

Os datos que de alumnos que faltan reiteradamente a clases en Lugo son similares aos doutras grandes cidades galegas, no último curso académico de 2018-2019 rexistráronse unha trintena de casos o que avala a necesidade de adoptar novas medidas para conseguir unha cota cero de absentismo escolar no municipio de Lugo. Para combatir este fenómeno, según afirmou o edil popular Javier Vázquez, hai que prestar unha especial atención ao labor preventivo dende diferentes ámbitos.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies