O concelleiro do GMPP Manuel López solicita, en primeiro lugar, un estudio económico para valorar os custes das reparacións e, en segundo lugar, establecer un calendario de actuacións para priorizar as obras en función da demanda e consensuado o seu uso cos veciños de cada parroquia
O Grupo Municipal do Partido Popular propón desenvolver un plan de recuperación e de uso das escolas rurais do municipio. O concelleiro do PP Manuel López explicou que se o goberno local non toma medidas de forma urxente moitos destes inmobles corren o risco de converterse nunha ruina. (Labio)
O edil do PP explicou que “dos 33 inmobles distribuídos en 31 parroquias do municipio media ducia delas están en mal estado (Pedreda, O Burgo, Coeo, Labio, Cabanas, Casa do Mestre de San Xoán do Alto) e outra media ducia (Bascuas, Benade, Outeiro, Romeán e Santa Cristina) precisa reparacións puntuais de pintura, reposición de cristais, limpeza de maleza e obras para estabilizar a estructura do edificio xa que nalgunhas delas o piso superior non se pode utilizar(Benade)”.
O concelleiro do GMPP Manuel López solicita, en primeiro lugar, un estudio económico para valorar os custes das reparacións dos edificios que están sen uso, en segundo lugar, actualizar o inventario do que hai nestes edificios, e por último establecer un calendario de actuacións para priorizar as obras das escolas.
Manuel López afirma que se deberían ter en conta as necesidades de cada parroquia analizando aspectos como a súa poboación, a proximidade ao casco urbano, ao camiño primitivo, ou a súa riqueza patrimonial e natural. O edil do PP explica que os usos deben axustarse ás necesidades de cada zona e lembran que por exemplo na Casa do Maestro de San Xoan do Alto se podería ubicar un punto de información para divulgar o camiño primitivo, tamén se apunta a posibilidade de ofrecer algunha destas escolas como a de Cabanas a Asociacións cinexéticas ou de pesca para desenvolver actividades de divulgación. Os populares indican que outros usos, ademáis do habitual de acoller xuntanzas das asociacións de veciños, poderían ser Centros de Medio Ambiente, Centros de actividades de lecer para os veciños, o Centros para impartir curso de formación. López indicou que que se podería estudar a posibilidade de ceder as instalacións á asociacións culturais, rurais, cinexéticas ou de pesca por un periodo e cunhas contraprestacións para o Concello de tipo educativo ou sociocultural”.
No caso de Lugo “estamos falando de que temos un 38% das escolas unitarias abandonadas, son 12 de 33 inmobles distribuídos por todo o municipio”. O concelleiro popular propone actuar “con prudencia e sentidito” salientando que “antes de decidir que tipo de intervención se deberían ter en conta as necesidades de cada parroquia analizando aspectos como a súa poboación, a proximidade ao casco urbano, ao camiño primitivo, ou a súa riqueza patrimonial e natural …”
“En todo caso” reflexionou Manuel López “hai que evitar repetir erros como o cometido coas escolas de Labio e Cabanas”. López lembrou que se malgastaron preto de 500.000 € e quedaron inacabadas e sen uso. No caso de Labio só ten catro paredes e aí quedou inacabada e no de Cabanas (Sta Comba) ainda non se invertiron os 27.696 € aprobados hai máis dun ano para garantir a estabilidade do edificio.
.