Cultura

O PP propón un plan de seguimento e mantemento continuo para esculturas en espazos públicos

By 31 Agosto, 2023Sin comentarios

O popular Agustín Gallego explica que “é indispensable conservar no mellor estado posible os elementos escultóricos e conmemorativos que forman parte da historia da cidade e para iso hai que facer un traballo preventivo e de control periódico”.

Agustín Gallego enumerou varios exemplos de monumentos que teñen verdín ou suciedade froito da meteroloxía, ou ben outros casos nos que sufren destrozos por vandalismo

Dende o PP lamentan “a deixadez e a falta de atención do bigoberno á hora de conservar en bo estado o patrimonio que temos” e pide que se fagan revisión periódicas para recoller aquelas incidencias que pudieran producirse para logo buscar as solucións pertinentes

CON VERDÍN

Tres exemplos onde o verdín afea as esculturas ou elementos conmemorativos: bimilenario da fundación de Lugo situado nas inmediacións da porta de San Fernando, busto de Rosalía de Castro e tamén hai numerosos exemplos na zona rural como o cruceiro da parroquia de Muxa

VANDALISMO

Un dos casos nos que se reflexa a máis absoluto desprezo pola patrimonio escultórico é o caso do  Sebastián Alanceado de Paco Pestana situado na Praza Roxa e que está descabezado e que se apartou e colocou sobre un muro deste espazo público.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies