- O Grupo Popular presentou esta mañá a solicitude no rexistro de pleno co obxectivo de que PSOE e BNG poñan “máis recursos, melloren a seguridade dos espazos onde se está intervindo, e leven a cabo un maior seguimento destes traballos dentro de murallas para mitigar, antes e despois da execución dos proxectos, as consecuencias que están ocasionando as obras do Corazón Verde
- Diante deste contexto, a voceira popular Elena Candia e o concellerio Ramón Cabarcos pregúntanse onde está o goberno local xa que estamos a punto de empezar unha campaña trascendental para o comercio, como é a de Nadal, lamentando a falta de sensibilidade de socialistas e nacionalistas co sector que, por mor destas obras, ten perdas económicas importantes: “o BNG esté desaparecido e o PSOE nin informa, nin dá explicacións”
MARTES 7.NOV.2023
- No acordo da proposiicón figuran varios aspectos por un lado os populares reclaman que se poñan a disposición todos os recursos precisos para que as obras remanten no tempo comprometido e que se estuden as compesacións dos danos e perxuizos causados á actividade económica e residentes.
- Os populares tamén queren que se constitúa de forma urxente unha MESA DE COORDINACIÓN DAS OBRAS, composta por representantes das empresas, persoal municipal que lidere a coordinación e liderado político para a consecución do obxectivo.
- Tamén solicitan que se informe con transparencia das seguintes cuestións:
- As MODIFICACIÓNS efectuadas sobre os proxectos redactados e contratados.
- Os AXUSTES temporais e permanentes no TRÁFICO RODADO, os danos producidos nas infraestruturas existes e as reparacións a acometer.
- Os mecanismos de PREVENCIÓN e, no seu caso, COMPENSACIÓN DOS PERXUICIOS á actividade económica (especialmente de cara á próxima campaña e Nadal).
- As fórmulas de ESTACIONAMENTOS ALTERNATIVOS provisionais e definitivos para compensar á desaparicións das prazas de aparcamento existentes
- As INCIDENCIAS xurdidas e as correspondentes PREVISIÓNS ACTUALIZADAS DE PRAZOS E CUSTOS, que están a verse claramente alteradas ou incumpridas.
- As previsións sobre a futura a xestión do TRÁFICO PEONIL e RODADO intramurallas unha vez finalizadas as obras.
- Os populares conclúen en que é fundamental que calquera proxecto de construcción ou mellora nunha cidade se realice cun enfoque baseado na seguridade e na comodidade da cidadanía e non só en cumprir unha axenda política.