O grupo municipal do Partido Popular proporá á Comisión de festas “recuperar o espírito orixinal destas festas para volver a atraer a veciños e veciñas de todas as idades de toda a provincia e do resto de Galicia e de España”.
Beatriz Vázquez sinalou que “non se pode deixar de lado a poboación adulta que ten ás súas costas moitos san froiláns”, nese senso suxiren a recuperación dos concertos das bandas municipais, verbenas, os concertos de música dos anos oitenta e anteriores, etc.
O grupo municipal do Partido Popular tamén propoñerá á Comisión de Festas recuperar a fórmula de rotación para elixir ao pregoneiro do San Froilán así como ao oferente do domingo das mozas. Este sistema permite que cada ano un grupo político se encargue de propoñer á Comisión os nomes dos persoeiros que se invitan para protagonizar estes actos.
“Durante o pasado mandato suprimiuse este sistema que levaba anos implantado porque na corporación había 6 grupos, pero dado que arestora hai catro, se podería recuperar esta fórmula rotatoria” explicou Beatriz Vázquez. A concelleira popular afirmou que para designar estes persoeiros hai que ter en conta que “debe ser alguén de Lugo con prestixio e traxectoria suficiente para xustificar a súa designación”.
Outra proposta que o Grupo Popular defenderá na Comisión de Festas é solicitar que o Concello consensúe cos feirantes que durante un periodo a convir, suprimir calquera impacto auditivo, visual ou espacial que poda resultar hostil para persoas que sofren TEA co ánimo de que os nenos e nenas con este trastorno podan disfrutalas, ademáis deberían dispoñer duns folletos cun “Panel de Peticións” para que escollan por eles mesmos os séus menus ou lambetadas.
Outras suxestións para facer do San Froilán unhas festas inclusivas son: contar cun servicio de sillas para persoas con discapacidade, ofrecer un Programa das Festas “auditivo”, así como incorporar espectáculos nos que participen artistas con diversidade funcional.
Para o Partido Popular o goberno local tamén debería apoiar aos grupos musicais locais emerxentes que aínda non ten a capacidade de estar nos canles comerciais, e nese senso propón poñer á disposición destas agrupacións un escenario permanente e correr cos gastos de producción para que poidan dar a coñecer a enorme potencialidade musical desta cidade durante os festexos.
Con respecto ás contratacións das actividades para disfrutar do San Froilán, a popular pide que non se trate a oposición de convidados de pedra xa que os concelleiros do PP “somos os representantes de moitos lucenses que no merecen un ninguneo”.