Outros

O PP propón unha declaración institucional pola democracia en Cuba

By 15 Xullo, 2021Sin comentarios

O voceiro municipal Ramón Carballo agarda que Méndez e Arroxo se solidaricen  e se sumen a esta petición coa que  “esiximos á ditadura cubana o cese da represión á poboación”

Nese senso, avanzou que presentará na próxima xunta de voceiros que se leve a pleno unha declaración institucional para reclamar a Cuba a fin da represión. O voceiro popular quere que a corporación de Lugo traslade con este texto “a solidariedade da corporación coas persoas que protestan na rúa e en contra da ditadura comunista”.

Os populares explican que agardan “altura de miras tanto do PSOE como do BNG” xa que de rexeitar este texto “presentaremos unha proposicón ao pleno para que se vote e cada un quede retratado en función do seu posicionamento”.

No texto da declaración institucional ademais de amosar  a “profunda preocupación pola situación dos dereitos humanos en Cuba tamén expresan o firme rexeitamento ao chamamento ao combate de Miguel Díaz Canel así como a petición do cesamento da violencia inxustificada e as detencións arbitrarias por parte do Goberno Cubano”. Tamén reclamamos sumarse ao chamamento da Corte Interamericana de Dereitos Humanos(CIDH) para que o Goberno de Cuba “cumpra coas súas obrigacións cos Dereitos Humanos, en particular o dereito á protesta e, por último, apoiar unha transición pacífica á democracia, na que todo o pobo de Cuba poida decidir en liberdade o seu futuro político sen inxerencias externas e que se levanten as restricións económicas que seguen dificultando o desenvolvemento económico do pobo cubano”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies