Medio Ambiente

O PP quere que as árbores coas que se humanicen os espazos públicos de Lugo non sexan alerxénicas

By 27 Outubro, 2020Sin comentarios

A concelleira popular Macamen López Silva afirma que “nestes tempos da covid onde intentamos escapar dos espazos interiores a administración máis cercana ten a responsabilidade de humanizar de forma saudable o espazo público”

O Partido Popular,  tomando como premisa que “nestes tempos da covid será necesario ter espazos de calidade porque a tendencia é escapar dos interiores” pedirá o apoio da corporación para aprobar unha proposición na que insta ao goberno local a facer unha planificación saudable das zonas verdes de Lugo. Do mesmo xeito, a concelleira popular Macamen López Silva pide que, cando toque substituir algunha árbore (por rotura, seca, ou retirada), se seleccionen  especies menos alérxicas intentando primar as especies autóctonas.

A popular reclama que en espacios públicos como rúas e prazas, que actuamente están totalmente deshumanizadas, se actúe para convertirlas en espacios menos áridos e máis confortables para as persoas mediante a plantación de árbores, arbustos e plantas.

O obxecto desta iniciativa é ter un “criterio claro de cales son as especies máis adecuadas a cada espazo”. Nese senso, dende o PP agradecen que unha parte do goberno rectificase de postura e xa aceptase cambiar ás árbores que se van a utilizar na futura humanización da Ronda da Muralla, logo dunha petición formulada polo Grupo Municipal.

“En Lugo temos o luxo de contar cun Campus Terra que pode prestar o seu asesoramento así como tamén o Colexio de Médicos e incluso técnicos municipais” lamentando que hai un ano PSOE e BNG tumbasen esta mesma petición. “Daquela os de Lara Méndez minimizaron as consecuencias que podían ter sobre a saúde dos lucenses as plantacións que se facían ou con argumentos como que: cada día pasamos máis tempo encerrados no traballo, na casa, escola, fogar …”. A popular manifestou que “agora que mudou a situación, máis que nunca precisamos ter espazos humanizados, con plantacións axeitadas e facendo as cousas con sentido común, sempre buscando un beneficio para a saúde dos nosos veciños e veciñas”.

A concelleira popular Carmen López Silva volve a presentar esta iniciativa confiando que socialistas e nacionalistas recapacitasen  “logo de que unha parte do bigoberno admitise publicamente, trala petición do PP, que hai que evitar plantar especies dañinas para os alérxicos no proxecto da humanización da zona do adarve da ronda da Muralla”. No proxecto se contempla colocar bidueiros e fresnos así como arbustos e céspede con gramíneas que son das peores especies para estes enfermos. O BNG admitía o erro e anunciaba cambios nesta selección.

Carmen López Silva concluía que, neste momento, e tendo en conta que para o 2050 a metade da poboación sufrirá algún tipo de alerxia “é necesario planificar o futuro dos espacios verdes de Lugo para mellorar a calidade de vida dos numerosos lucenses afectados por alerxias ao pólen”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies