Infraestruturas

O PP quere saber se a madeira do Impulso Verde está correctamente certificada e homologada

By 1 Abril, 2023Sin comentarios

Tras coñecerse que as caldas do Miño incumpren a normativa estatal de temperatura

O Grupo Popular teme que a voráxine de inauguracións que, nos últimos días, está protagonizando a alcaldesa de Lugo nos poda custar moitos disgustos aos lucenses.

“Entendemos que a Lara Méndez esté nerviosa e que necesite demostrar que fixo algo neste mandato para xustificar o seu soldo” pero advirten que “pola mala planificación e falta de organización poderían estar cometendo erros de principiantes abrindo instalacións que incumpren a lei”.

Nese senso e, tras coñecerse que os spas de auga quente da billa que se veñen de inaugurar no paseo do Miño incumpren a norma estatal da temperatura da auga, dende o Partido Popular piden a Lara Méndez que aclare se xa está correctamente homologada e certificada a madeira que se utilizou para a construción do edificio impulso verde que hoxe se inaugura”.

“Resulta un insulto e unha falta de respecto aos lucenses que nos priven durante meses de instalacións para montar, a menos de 2 meses das eleccións, repartos de bocadillos, chocolatadas e festas con fondos públicos para abrir espacios que deberían estar en funcionamento dende hai tempo”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies