PoliciaSeguridade

O PP quere saber se o informe técnico de Interior certifica a idoneidade da parcela, proposta por Alvarellos, para construír a Comisaría de Lugo en Abella

By 9 Maio, 2024Sin comentarios

XOVES 8 DE MAIO 2024

 

  • A voceira do Grupo Municipal do PP, Elena Candia, e o vicevoceiro e responsable da área de seguridade, Enrique Rozas, mantiveron un encontro cos representantes de todos os sindicatos policiais para facer un seguimento da situación da futura  Comisaría da Policía Nacional “en aras a coñecer se hai un avance no proceso, ou para saber se foi un anuncio dun titular dun día”

 

  • Dado que, dende que a alcaldesa anuncia a ubicación que elixiu para facer esta dotación e trala visita en decembro do técnicos do Ministerio do Interior, non hai novidades ao respecto da evolución deste proxecto, os populares comprometéronse a impulsar preguntas en Madrid a través dos seus representantes

 

  • Elena Candia manifestou que “os nosos deputados e senadores preguntarán se consta no expediente do proxecto da nova Comisaría da Policía Nacional o informe do servizo de arquitectura que avale a idoneidade da ubicación proposta por Paula Alvarellos

 

  • Unha vez que teñamos o informe técnico que “confirme a conveniencia desta ubicación” esixiremos ao Concello “que cumpra coa parte que lle corresponde: a tramitación da cesión da parcela, unha xestión que ten que pasar pola aprobación do pleno e que é un paso esencial para avanzar no proxecto”

 

  • Os populares afirman que agardan que non haxa retrasos sobrevidos xa que “tendo en conta a tipoloxía e as circunstancias urbanísticas da parcela seleccionada pola alcaldía (solar do barrio de Abella, ubicado na intersección entre a Avenida de Breogán e a Rúa Orquídea) desconfiamos que sexa suficiente o espazo” e pregúntanse “se se precisaría dalgunha outra complementariedade”.
  • Candia manifestou que” conseguimos reabrir o debate cunha iniciativa no pleno dándo tres posibles ubicacións; puxemos a traballar ás administracións con competencias para impulsar esta infraestructura, e agora estaremos atentos para que todos cumpran e non quede máis anos o proxecto da Comisaría de Lugo gardado nun caixón”

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies