SeguridadeServizos xeraisTransparencia

O PP ratifica a súa lealdade ás medidas do Covid 19 impulsadas polo Concello de Lugo

By 1 Abril, 2020Sin comentarios

Os populares considera “chamativo” que a alcaldesa informase antes, en rolda de prensa, aos medios de comunicación que á corporación municipal, incluído ao grupo maioritario, das medidas do Covid 19

O voceiro do Grupo Popular ratificou a lealdade do Grupo Municipal “dende o minuto desta crise sanitaria” ás medidas que se anunciaron por parte do goberno local. Esta foi a postura que hoxe lle trasladou o Ramón Carballo á alcaldesa de Lugo no marco da xunta de voceiros que tivo lugar este mediodía.

“Que ninguén poña en dubida o PP vai a apoiar todas as medidas, imos remar na mesma direción” aseguran. Sen embargo, dende o Grupo Popular lembran ao goberno local que ser leal “é tamén esixir que se fagan ben as cousas, que haxa concreción para evitar incertidume; ser leal é tamén vixilar para que non se intente enganar aos cidadáns con promesas que logo non se cumpren”.

Os populares tamén se comprometen a continuar trasladando ao goberno local máis propostas para sumar na batería de medidas que se están implantando no municipio para paliar os efectos do coronavirus “desta volta serán achegas relacionadas co sector da construcción, o impulso ao pequeno comercio ou a vida saudable”.

Por último os populares insisten en que ser partidista é acusar á Xunta de falta de material e pechar os ollos e silenciar que o goberno do Estado non achegou ningún material para o municipio. 

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies