SeguridadeUrbanismo

O PP reclama a implicación activa do goberno local no desenvolvemento urbanístico e social do barrio do Carme

By 29 Setembro, 2020No Comments

Os populares explican que tal e como lles trasladaron os veciños da zona “os sucesivos planes urbanísticos que se fixeron non solucionaron o desenvolvemento do barrio, nin tampouco deron saída a súa conexión co centro, nin garantiron a apertura visual da cidade cara ao río”

O Partido Popular presentará a pleno unha iniciativa “para impulsar o desenvolvemento do Plan Especial de Reforma Interior do barrio do Carme”. O vicevoceiro popular Antonio Ameijide explica que “este PERI tiña dous anos de prazo para redactarse, dende a aprobación definitiva do Plan General de Ordenación Municipal que se fixo en 2012. A realidade é que pasaron oito anos sen que o goberno de Lugo fixese nin unha soa xestión para ordenar este enclave tan singular próximo ao casco histórico”.

Os populares afirman que non se pode demorar máis o desenvolvemento desta zona e lamentan que os sucesivos gobernos socialistas e nacionalistas desaproveitasen oportunidades como a que brinda, agora, o Muramiñae. “Non é de recibo que a alcaldesa gaste miles de euros en parches puntuais como colocar unhas barandas ou descontaminar unhas fincas no Carme para quedar ben de cara á galería sen profundizar no verdadeiro problema deste ámbito”. “Se queremos un Lugo de futuro e unha cidade aberta ao río Miño é prioritario dar un pulo ao desenvolvemento desta zona” resumía.

Ameijide detallaba que, a día de hoxe, O Carme presenta unha imaxe deplorable “observamos unha total deixaded por parte do goberno local con nesta zona: a mugre campa as súas anchas, hai edificios deteriorados, deshabitados e con okupas e varias localizacións no barrio onde se celebran botellóns”.

O popular indicaba que diante deste panorama “non podemos seguir de brazos cruzados” xa que estamos a falar de ordenar un ámbito urbano que está a escasos metros da muralla, unha zona que debe garantir a apertura visual da cidade ao río e pola cal discurre o Camiño Primitivo e ondea topamos un importante patrimonio cultural”.

Con esta iniciativa os populares súmanse á petición veciñal que hai nesta zona onde os residentes recoñecen que é como vivir nun “territorio comanche” en alusión ao abandono e a mala imaxe que sufre o barrio dende hai décadas. “Dende o Partido Popular pensamos que esta zona ten un gran potencial xa que posúe todos os bimbios para convertirse nun dos barrios de futuro e mellor conectados  de Lugo.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies