Deportes

O PP reclama a ordenanza de uso de instalacións deportivas que o goberno local prometera para 2021

By 19 Febreiro, 2023Sin comentarios

Óscar Poy lamenta que o concelleiro de Deportes no cumprise co compromiso que adquiriu no pleno de xullo de 2021 cando, a iniciativa do PP, asegurou que esa ordenanza municipal sería unha realidade no derradeiro trimestre dese mesmo ano 

Os usuarios das instalacións deportivas municipais seguirán durante os vindeiros meses sen poder beneficiarse dun regulamento de uso das instalacións deportivas, xa que, unha vez máis, “as mentiras e a falta de traballo” volven a ser o sinal de identidade do goberno de PSOE e BNG.

Explica Óscar Poy que no ano 2021 se pediu, por parte do PP a través dunha iniciativa ao pleno, que o Concello de Lugo realizase unha ordenanza municipal para regular o uso das instalacións deportivas municipais, proposta que “se aprobou por unanimidade de todos os concelleiros” pero “lamentablemente hoxe seguimos sen ter esta normativa”.

Unha total falta de traballo que se ve en que durante ese pleno o concelleiro de Deportes afirmou (así se reflicte na acta do pleno): “la respuesta que le damos a su propuesta es que sí, ya estamos en ello y, es más, estoy en disposición de anunciarles que en el cuarto trimestre del año esperamos tener ya esa ordenanza aprobada contemplando la actividad deportiva en toda su extensión”.

Por este motivo, e despois de que o concelleiro de Deportes negase esta semana en comisión que adquirise o compromiso de telo realizado antes do fin de 2021, Óscar Poy pide “traballo e responsabilidade ao goberno local e que esta normativa sexa unha realidade no menor tempo posible”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies