Coincidindo co ecuador do mandato, o voceiro do Grupo Popular Ramón Carballo presentou o resumo dos dous anos de Lara Méndez e Rubén Arroxo cun TOP 12 das historias sen resolver, enquistadas ou para olvidar deste bipartito
O Grupo Popular escolleu o xardín do CEI-Nodus como punto de encontro coa prensa para presentar o balanzo dos dous anos do bigoberno de Lugo.
O voceiro popular Ramón Carballo acompañado polos concelleiros do Grupo Popular iniciou a súa comparecencia preguntándose “que é o que podemos esperar dunha alcaldesa socialista e do seu socio nacionalista de goberno que autorizan un gasto de 45.000 € para a compra das cadeiras e das sillas de luxo que colocaron neste espazo”.
Carballo recoñeceu que o último ano de goberno non foi doado pola crise económica pero esta situación “non pode utilizarse como disculpa para censurar algunhas accións protagonizadas por Lara Méndez e Rubén Arroxo.
O voceiro popular resumía estes dous anos de bigoberno nun Top 12 no que resumiu o que deron de si estes dous anos de mandato compartido por Méndez e Arroxo.
TOP 12 DA ESQUERDA DO PSOE-BNG NO ECUADOR DO MANDATO NO CONCELLO DE LUGO (2019 -2021)
- Coa esquerda do PSOE e BNG Lugo ten o goberno máis caro da historia. Gasta 3.8 M€ en dedicacións exclusivas e asesores para o PSOE e o BNG. E, por riba, en plena pandemia Méndez e Arroxo subíronse o soldo un 2% e tamén presupostaron a compra de coches de alta gama por máis de 103.000 €.
- Coa esquerda do PSOE e BNG Lugo ten dous gobernos distintos. PSOE e BNG defenden dous proxectos diferentes dos que fan autobombo a diario e por separado.
- Coa esquerda do PSOE e BNG hai un uso abusivo dos contratos menores . Un informe do interventor municipal certificaba a existencia de fraccionamentos de contratos uso excesivo de contratos menores por parte, dos concelleiros socialistas e nacionalistas.
- Coa esquerda do PSOE e BNG os lucenses quedamos hipotecados xa que pola súa neglixencia pagaremos indemnizacións millonarias a conta da fábrica da luz (2,5M€) e, tamén, teremos que asumir o custe da demolición das torres do Garañón.
- Coa esquerda do PSOE e BNG se privatizan servizos. Nestes dous anos de mandato externalizouse a atención das avarías de auga na rede; a inspección de tributos, e no punto de mira, arestora, a unidade de atención temperá.
- Coa esquerda do PSOE e o BNG segue a delirante xestión de persoal municipal. A nova RPT non solucionou os graves problemas de funcionamento interno do concello; aumentaron os postos de libre designación; os nomeamentos cuestionables como a función que asignaron de Coordinador de urbanismo ao interventor; ou sentezas que os deixaban en evidencia como a que lles obriga a readmitir á xefa de persoal que fulminaron nunha caza de bruxas sen precedentes utilizando argumentos basados en valoracións subxectivas.
- Coa esquerda do PSOE e o BNG seguimos con infraestructuras prometidas que nunca chegan: os últimos exemplos: a súa incapacidade a hora de abrir o novo auditorio de Magoi (cumpre este mes de xuño un ano pechado dende que o Concello recibiu as chaves de mans da Xunta) ou o incomprensible retraso para acondicionar unha praia fluvial no Miño.
- Coa esquerda do PSOE e o BNG seguimos cos despropósitos dos proxectos financiados con fondos europeos. Aí temos as caldas do Miño que non deixan de ser piscinas de auga do grifo quentadas cun quentador; o millón de euros da pasarela NVI ou a controvertida obra do carrilbici que anula prazas de aparcamento sen dar alternativas aos conductores.
- Coa esquerda do PSOE e o BNG Lugo paga 34 M€ anuais de reparos de legalidade en contratos caducados. Seguimos cos mesmos servizos prorrogados e volven a incumprir a súa promesa de axilizar a licitación de servizos. O último fiasco o contrato da basura que leva un ano tramitándose.
- Coa esquerda do PSOE e o BNG Lugo é a única gran cidade de Galicia que sigue se adherirse á rede de VioGén así como a Rede de Municipios contra a Violencia de Xénero, iso por non falar do colapso en servizos sociais con cambios de xefes de servizo, a un por ano, que se traduce en retrasos en citas de dependencia e outros casos de emerxencia.
- Coa esquerda do PSOE e o BNG hai cacicadas para gañar o voto da zona rural. Asfaltados á carta, falta de control dos vertedorios, deficiente sinalización e a redución de servizos para as parroquias co peche “por decreto” de 7 escolas rurais que funcionaban como centros de convivencia.
- Coa esquerda do PSOE e o BNG fracasa a implantación electrónica e certifícase falso progresismo xa que non se buscan consensos co grupo que máis concelleiros ten na corporación senón que se impoñen o rodillo.