
Hai un ano que o Pleno aprobou por unanimidade, a proposta do Partido Popular, para que se creasen prazas de aparcamento expréss na contorna das farmacias de Lugo.
Unha medida sinxela e útil que xurdiu da escoita activa ao Colexio de Farmacéuticos, que trasladou ao Grupo Municipal Popular a necesidade de facilitar o acceso ás farmacias en zonas con dificultades de estacionamento.
Esta iniciativa, que conta con respaldo legal e coa viabilidade técnica, leva un ano esquecida nun caixón. O Goberno local non deu un paso firme para facer realidade o acordo que eles mesmos aprobaron.
Os populares lembran como “en decembro volvemos levar este tema ao Pleno cun rogo, e a resposta foi tan ambigua como inútil. Fálase de que se ‘está tendo en conta’, pero a realidade é que nada cambiou e os veciños seguen sen solucións”, denuncia o Grupo Popular.
“Se hai farmacias con problemas de mobilidade ou acceso, como se recoñeceu desde o propio Goberno local, o lóxico é actuar xa” engaden.
Desde o Grupo Popular volveremos a reiterar que se habiliten estas zonas de aparcamento rápido ao carón das farmacias para aparcar xa que coas dificultades que hai en certas zonas da cidade a veciñanza precisa de solucións para garantir o acceso a estes establecementos