Os concelleiros populares protagonizaron esta mañá un novo acto simbólico para visibilizar que o novo Auditorio de Lugo segue pechado “a pesar de que hai 334 días tivo lugar a recepción oficial do edificio coa entrega de chaves ao Concello de Lugo por parte da Xunta”
Os concelleiros do Grupo Popular colocaron esta mañá macetas con flores ao pé do novo auditorio de Magoi montando a silueta dos 334 días que leva pechado o edificio dende que Méndez e Arroxo recibiron da Xunta as chaves desta infraestructura, o pasado 23 de xuño de 2020”.
Con esta nova acción reivindicativa o PP quere lembrar que “tan só faltan 31 días para que se cumpra un ano dende a recepción oficial desta dotación que xa é patrimonio municipal”. O voceiro popular lamentaba que “a estas alturas sigamos sen saber para cando se vai a abrir, descoñecemos o modelo de xestión, os custes do seu mantemento así como o contido que vai ter no futuro”
Os populares poñían como proba da súa despreocupación “a imaxe que hai arestora do edificio: non hai máis que ver como teñen a zona, con maleza de altura, incluso trepando pola valla perimetral que está nalgunha zonas deteriorada e incluso hai puntos onde permite o paso aos cidadáns”.
O voceiro popular invita a todos os lucenses a achegarse ata o edificio para que recollan, e se leven á casa unha das flores coas que fixeron este acto simbólico xa que “así polo menos coñecerán e visitarán por fóra este edificio no que se investiron máis de 20 M€”
Esta nova acción do Partido Popular reivindicando a apertura do novo auditorio de Magoi iniciouse hai catro meses. Ramón Carballo lembraba como “visualizamos este retraso cun cronómetro cunha conta atrás, cunha pancarta pedindo explicacións á alcaldesa e ao vicealcalde, montando unha biblioparada e agora con esta silueta de flores dos días que levan sen dar unha solución para abrir esta infraestructura”.