Obras

O PP reclama a inmediata apertura de Soto Freire e pide explicacións de como se regulará o acceso de vehículos

By 4 Xaneiro, 2017Xaneiro 5th, 2017No Comments

O vicevoceiro popular Antonio Ameijide indicou que xa concluíu o prazo de remate da urbanización desta rúa que leva dende decembro de 2015 en obras “estivo máis de medio ano bloqueado o acceso, logo fíxose un paso provisional que custou 12.763 € e, agora, descoñecemos os motivos polos que non se retiran as vallas que pechan a obra”

O vicevoceiro do Grupo Municipal do Partido Popular reclamou a apertura inmediata da rúa Soto Freire xa que os traballos “aparentemente” están rematados e o prazo de execución da obra tamén concluiu. Antonio Ameijide matizaba que a retirada das vallas de Soto Freire deberían ir acompañadas por unha explicación “clara” sobre como vai resolver o goberno local o acceso dos vehículos que, antes desta obra de urbanización, utilizaban este tramo de Soto Freire para entrar nos garaxes ou achegarse á consigna da Estación de Autobuses.

Antonio Ameijide afirmou que a execución desta obra “evidencia a política de parches e a nula planificación” que caracteriza ao goberno socialista de Lara Méndez xa que “estamos falando dunha vía que leva en obras dende decembro de 2015”. “Primeiro bloqueouse o paso de Soto Freire durante máis de medio ano e logo o goberno gastou preto de 13.000 € para habilitar un acceso provisional que volveu pechar en outubro para executar a obra definitiva de urbanización financiada polos fondos Urban” salientou Ameijide.

O vicevoceiro popular reflexionaba “se se houbesen planificado a obra con xeito poderíamos aforrar de entrada os 106€ diarios que durante 4 meses nos custou de media o paso provisional,  poderíamos tamén ter reducido o tempo no que estivo pechada a rúa, evitando molestias aos veciños, e por último poderíamos ter evitado a imaxe de provisionalidade que ofrece este espazo”.

Nese senso, os populares preguntan ao goberno local se teñen previsto  retirar as vallas que colocaron no acceso a Soto Freire dende a rúa Dinán. O vicevoceiro popular manifestou “se as puxeron  de forma temporal como van a sinalizar agora este acceso, con máis bolardos?. Ameijide apuntaba que se necesita controlar este espazo para que non se converta nunha zona de aparcamento indiscriminado tal e como ocorre noutras zonas de Lugo como a rúa Menorca, Aviador Parga Cerezo … sempre garantido o acceso aos vehículos autorizados.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies