O GarañónSeguridadeTransparencia

O PP reclama medidas para garantir a seguridade e impedir o acceso ao Garañón

By 11 Marzo, 2020No Comments

A última incidencia rexistrada esta semana motiva, unha vez máis, a preocupación do Grupo Popular por esta obra que está parada e inacabada

Os populares pedirán explicacións en Comisión sobre as medidas de seguridade que desenvolve o Concello para garantir o peche perimetral e impedir  o acceso aos lucenses ás torres do Garañón. O Grupo Popular asegura que o caso que se detectou esta semana “onde se grabaron a cidadáns lanzando pedras dende o alto dunha desas torres non é algo illado xa que con frecuencia se detecta a presenza de mocidade” polo que reclama que o goberno local tome cartas no asunto.

O voceiro do PP Ramón Carballo pregúntase “de ocorrer un accidente, que responsabilidade tería o Concello? xa que ainda que obra está precintada polo xulgado suponse que a autoridade local debe velar para que non se acceda a unha propiedade privada”.

Os populares insisten en que  tal e como está o edificio, inacabado, supón un grave perigo para os  entran nel xa que “no interior hai ocos de escaleiras e zonas sen pechar que supoñen un gran risco, co agravante que o edificio se atopa no entorno de varios centros educativos onde estudan menores”.

O Grupo Popular, en reiteradas ocasións, advertiu que era preciso adoptar medidas para previr que pode ocorrer algún problema grave de seguridade en O Garañón, tendo en conta de que con frecuencia acceden persoas a esta construción inacabada.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies