Medio AmbienteParques infantís

O PP reclama o mantemento do Parque Marcos Cela onde a maleza invade camiños e mobiliario

By 6 Xuño, 2021No Comments

Os populares tamén lamentan que Méndez e Arroxo” deixen no olvido a escalinata que conecta o parque coa Volta da Viña” onde siguen sen retirar os restos dos desprendementos da ladeira

O PP reclama a posta a punto das zonas verdes da cidade denunciando que hai lugares como o Parque Marcos Cela onde a maleza invade tanto as beirarrúas como os camiños interiores da zona así como o mobiliario que hai dentro do parque. “A imaxe que podemos ver hoxe dista moito dun correcto mantemento” sumándose así ás queixas de veciños do barrio.

Dende o PP  lembran que o mantemento das zonas verdes da cidade é un dos contratos caducados que o bigoberno ten pendente de sacar a licitación polo que urxen para que “no prazo máis breve posible” inicien esta tramitación. Como dato a ter en conta destacan que no 2020 pagouse, con reparos de legalidade, á empresa que se ocupa desta tarefa 1.345.288 €.

No caso do parque Marcos Cela os populares tamén critican que tanto Lara Méndez como Rubén Arroxo deixen no olvido a escalinata de conexión con Volta da Viña que leva cortada dende 2015 polo perigo que supón para os usuarios. “Falan de que queren abrir a cidade co Miño pero son incapaces de solucionar este obstáculo que limita á mobilidade co barrio da Ponte, eso é o que vale a súa palabra”, conclúen.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies