Persoal

O PP reclama que se aborde de inmediato a RPT e unha asignación orzamentaria adecuada para cubrir vacantes no Concello de Lugo

By 2 Febreiro, 2024Sin comentarios
  • A mellora na dixitalización , a aprobación do regulamento do horario e o teletraballo e unha maior sensibilidade cos problemas de saúde laboral do persoal municipal foron outras das peticións que compartiron cos representantes do comité no marco do diálogo permanente que o Grupo Popular mantén cos traballadores dende o inicio do mandato

 

VENRES 2 DE FEBREIRO DE 2024

 

  • Os populares coincidiron cos representantes do comité de empresa na necesidade de dotar dunha partida orzamentaria suficiente para dar cobertura ás vacantes lembrando como no propio informe de intervención se alerta de que “constátase as mínimas previsións orzamentarias para a atención de obrigas relativas a contratacións temporais e nomeamentos interinos
  • É imprescindible contar cunha plantilla ben dimensionada e motivada para garantir un bo funcionamento dos servizos como exemplo da falta de recursos humanos no Concello de Lugo citan a necesidade de recuperar a atención presencial en departamentos como o de urbanismo; o recoñecemento de dereitos de persoal (banda municipal),ou a ampliación do horario de servicios básicos: cementerio, centros sociais, atención cidadá…)
  • Outra cuestión que se debe mellorar é a da dixitalización o goberno local desaproveita este mecanismo que se funcionase de forma correcta brindaría oportunidades para mellorar a organización dos recursos humanos
  • O retraso por parte do goberno local na aprobación do regulamento do horario e o teletraballo é outra das preocupación deste colectivo lembrando como neste momento os funcionarios se rixen por unha instrucción provisional
  • Outra asignatura pendente é a relativa aos problemas de saúde laboral que se derivan dos incumprimentos sistemáticos das recomendación de riscos laborais

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies