Sen categoría

O PP reclama que se deixe gobernar á lista que gañou as eleccións

By 11 Xaneiro, 2024Sin comentarios

XOVES 11 XANEIRO DE 2024

  • Os populares aclaran que, independentemente de que respectan ás decisións personais, non aceptan as incertezas que está xerando o debate da sucesión de Lara Méndez
  • O vicevoceiro popular Enrique Rozas foi tallante: “se non o teñen claro deixen gobernar ao partido que gañou as eleccións” engadindo que “os lucenses non merecen estar sufrindo o xogo de tronos que provocou a dimisión de Méndez”
  • Estas declaracións fíxoas “á vista das informacións que publican diferentes medios de comunicación nos que primeiro confirman a Paula Alvarellos como sucesora de Méndez, mentres que hoxe apuntan que hai apoios para que a alcaldía a ocupe o concelleiro que foi como  nº2 da súa lista Miguel Fernández”
  • Diante desta crise no seo do PSOE, Rozas lembra que “o PP é a forza preferente dos lucenses como así se demostrou nas urnas en maio de 2023”
  • A veciñanza non ten por que sufrir esta indecisión xa que “o que se espera dun alcalde é que deixe as cousas mellor de cando as atopou e, neste caso, nin tan sequera sabe estar para abandonar o posto” insistindo en  que “é unha irresponsabilidade que Lara Méndez marche de Lugo para ir de número dous na lista de Besteiro sen deixar pechado o seu relevo”

 

 

17 PREGUNTAS A COMISIÓN DE PLENO

  • Dende o Grupo Popular seguiremos traballando e presentando iniciativas para mellorar os servizos e a atención cidadá e tamén para fiscalizar a acción de goberno. Vimos de rexistrar 17 preguntas para as comisións de pleno que se desenvolverán a vindeira semana.
  • Entre elas destacan a Comisión de Suxestións preguntas pola desactualización da páxina web do Mercado e a Praza, ou coñecer se se fixeron xestións para montar un mercadiño urbano na zona sur.
  • Na de Transición Ecolóxica solicitamos información sobre renovación de colectores de lixo; hortos urbanos; tala de árbores da rúa Montevideo e sobre o horario da recollida de lixo no servizo de porta a porta.
  • En Cultura reclamamos que se clarifique porque non está aberta ao público a cloaca do Carme inaugurada recentemente e a colaboración do Concello cos Eramus que están en Lugo
  • En dinamización económica queremos que se informe de prazos e situación do novo polideportivo; concesión de subvencións ao comercio local; entrega de certificados de servizos sociais ou sobre o funcionamento do Centro Social María Balteira
  • Na comisión de contas demandamos ao concello que habilite a posibilidade de conciliar e teletraballar para o persoal municipal; información sobre o convenio do polígono da Louzaneta; clarificar número de expedientes sancionadores da CHMS así como un chequeo sobre o Lugo Transforma.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies