Seguridade

O PP reclama que se garanta a seguridade do Vello Cárcere e das pezas arqueolóxicas de gran valor que hai no seu interior

By 11 Abril, 2024No Comments

XOVES 11 DE ABRIL DE 2024

 

  • Rozas advirte que asumir con medios propios a vixilancia, en contra do disposto na Ley de Seguridade Privada (Art 5 e Art 7- ANEXO) que exclúe que se poida facer dito labor con persoal propio do concello, pode acarrear sancións económicas graves que poderían chegar aos 600.000€

 

  • De tomar esta decisión o goberno local estaría “ignorando os riscos asociados á falta de seguridade profesional nun lugar que alberga obxectos de valor e que require dunha protección adecuada e experta xa que hai un sistema de cámaras interior e exterior e ten que haber un responsable da custodia das imaxes”

 

  • Os populares fan esta reflexión porque sospeitan que o goberno local “intenta derivar a responsabilidade da vixilancia do Vello Cárcere aos conserxes ou aos auxiliares de servizo”

 

  • O Grupo Municipal do PP engade de que esta instalación non pode quedar sen vixilancia privada xa que o edificio conta con sistemas e equipos de seguridade que legalmente deben estar atendidos polas Forzas e Corpos de seguridade ou por persoal habilitado de seguridade privada e así se recolle na Ley de protección de datos onde figura a necesidade de que sexa persoal habilitado para seguir os protocolos legais e xestionar as imaxes que recaben os diferentes dispositivos do edificio.

 

 

  • Rozas considera “grave” esta deixación de funcións advertindo que dentro deste edificio hai pezas de incalculable valor con centos de caixas de restos arqueolóxicos depositados e catalogados polos arqueólogos municipais que proceden de excavacións efecturadas dende o ano 1996.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies