ConsumoSeguridadeServizos xerais

O PP reclama que se tome a temperatura a todos os traballadores presenciais do concello

By 6 Maio, 2020Sin comentarios

O Grupo Popular presenta unha batería de medidas para que o goberno local valore de cara a incorporar no plan de desescalada de cara á volta da normalidade 

Os populares afirman que diante da progresiva volta á normalidade do persoal do concello “é preciso un protocolo para que a desescalada se faga en condicións de seguridade para os traballadores que se incorporen ao seu posto de forma presencial”. Nese senso, o voceiro popular Ramón Carballo solicita que se garantan as existencias suficientes de mascarillas (que non se repitan casos como o da policía que ten que comprar do seu peto as mascaras) e, tamén, de xel desinfectante para a limpeza das ferramentas de traballo dos empregados públicos así como dispensadores de xel suficientes tanto para operarios como para público en xeral que acuda aos edificios municipais.

Dende o Grupo Popular tamén solicitan a instalación de cámaras térmicas ou tecnoloxías similares para a toma de temperatura dos traballadores do concello e máis preguntan ao goberno local se teñen a previsión de realizar probas diagnósticas de coronavirus a todos os empregados públicos que atenden ao público, posúan ou non síntomas.

O Partido Popular tamén reclama a instalación de mamparas de seguridade nos puntos de atención ao público e a reorganización dos postos de traballo para garantir a existencia dunha distancia de seguridade de 2 metros entre cada empregado, separándose con mamparas de seguridade entre os postos cando non sexa posible a distancia de seguridade por falla de espacio.

Os populares advirten que outro aspecto que hai que regular son as distancias mínimas á entrada e saída dos centros municipales; o fomento do teletraballo así como a flexibilidade horaria para os empregados municipais, tanto arestora como de cara ao futuro. A instalación de cámaras para medir a temperatura de empregados e usuarios; un programa de reforzo de limpeza e desinfección periódica dos espazos municipais así como prestar unha atención especial ao aire acondicionado e os filtros que se utilicen de cara a chegada dos meses do verán son outras das achegas dos populares para que o goberno local valore dentro do Plan de desescalada municipal.

Ramón Carballo tamén solicita que se instalen dispensadores de xel hidroalcohólico nas principais prazas, parques da cidade así como en zonas onde haxa afluencia de público.

Os populares aseguran que “co ánimo de favorecer a desescalada e para favorecer a desinfección de mans na poboación sería moi positivo que se colocasen estes dispositivos que “poderían contar cun depósito co xel que se active con sensores, sen necesidade de contacto ofrecendo aos veciños a dose suficiente para a limpeza das súas mans”.

Responder

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies