Dende o Partido Popular solicitamos que se mellore o mantemento dos parques infantís de Lugo. Estos días a veciñanza trasladounos novas queixas de diversos espacios públicos para a cativada e que presentan un estado lamentable.
Hai casos extremos como, por exemplo, o parque infantil do Cantiño onde as pintadas e a suciedade espantan a aqueles que queiran levar aos pequenos aos xogos que hai no recinto.
Noutros, como no da Praza infantil de Viana do Castelo, a situación tamén é terceiro mundista, ademáis do solo de caucho levantado e con fendas que suponen un risco de caídas, hai elementos que suponen un perigo para os nenos como puntas á vista nun dos tobogáns.
A concelleira popular Mar Carballas lembrou como, no pleno de xullo, defendeu un rogo solicitando ao goberno do PSOE e do BNG de Lugo un Plan de mantemento dos parques infantís para evitar que haxa espazos de primeria e de segunda así como incrementar a supervisión das zonas de xogos “estamos en verán, no tempo onde máis nenos e nenas poden disfrutar destes espazos polo que nos resulta inconcebible esta desidia por parte do goberno local con esta cuestión”