A concelleira popular Beatriz Vázquez lamenta que “a catro meses da celebración das patronais” ainda non se convocara a Comisión de Festas e lamenta que “nos enteremos pola prensa que o BNG vai organizar un encontro virtual onde se explicarán as medidas nas que traballan”
O Partido Popular aplaude o interese da responsable de cultura en ampliar as canles de participación para organizar o San Froilán pero, coa mesma intensidade, recrimínalle a Maite Ferreiro que, a catro meses das patronais, non convocara ainda a Comisión de Festas onde están os grupos políticos da oposición.
Para concelleira popular Beatriz Vázquez “apartarnos da organización desta celebración é unha falta de consideración xa que representamos a milleiros de lucenses”. “O BNG ainda está a tempo de chamarnos e nós, coma sempre, estaremos dispostos a colaborar en todo o que estea nas nosas mans” aclaraba a concelleira.
Beatriz Vázquez cre que “dende que os nacionalistas tomaron as rendas das festas están intentando patrimonializar esta celebración” insistindo en que “a súa xestión debería ser máis democrática que nunca, e o máis transparente posible”.
Para a concelleira popular o máis desconcertante é “o manexo do dobre discurso dos nacionalistas” xa que durante a súa etapa na oposición reclamaban participación e agora que pisan moqueta parecen esquencer o significado destas palabras. Beatriz Vázquez recalcaba que o seu grupo “non quere unhas festas con selo do BNG senón unhas festas nas que estean representados todos os veciños e veciñas de Lugo”.