Seguridade

O PP reclama unha xunta local de seguridade para deseñar planes específicos para barrios con problemas de orden público

By 13 Setembro, 2023No Comments
  • No PP, á vista dos altercados que se veñen rexistrando nas últimas semanas en Lugo, queren que se convoque  unha xunta local de seguridade específica que aborde medidas que garantan a seguridade en diferentes zonas da cidade e que se coordinen os distintos corpos de seguridade para que haxa maior presenza policial na rúa

 

  • “Non se trata de montar dispositivos e reforzar a seguridade só durante o período electoral como fixo o bipartito. Hai que manter ese compromiso con Lugo de forma permanente

 

  • O vicevoceiro popular razoaba “ao igual que se convoca a xunta local de seguridade para organizar o Caudal Fest, o San Froilán ou calquera outro evento que requira planes específicos non entendemos porque non se traballa de forma estable cando falamos do día a día dos barrios”

 

  • Os últimos altercados  e pelexas na rúa rexistrados foron na rúa Luis Pintor Seoane ou Amor Meilán onde debido  “ao peche provisional dalgún local conflictivo na zona da Milagrosa se trasladou esta problemática a outros puntos  do barrio e isto, xunto coas okupacións dalgúns inmobles, segue a provocar unha sensación de inseguridade entre a cidadanía do barrio”

 

  • Enrique Rozas concluía “os concellos, como administracións máis próximas ao cidadán, deben liderar e dar respostas claras e contundentes ás accións que poñen en risco a convivencia” e nese senso presentamos esta petición.

Leave a Reply

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies